«Viaxes no scriptorium» I

Unha prosa tan aséptica como o escenario en que malamente se desenvolve Mr. Blanks.

Un narrador inquietantemente omnisciente e omnipotente que fornece moita máis información da que inicialmente promete, filmando os pensamentos do protagonista e avanzando o imprevisíbel como se xa coñecese o final da historia.

Un estilo a medio vestir, como pasa as horas Mr. Blanks, a agardar que alguén lle tenda a roupa que debe poñer ou, mellor, unha man cargada de información.

Unha escusa para describir con detalle o que nunca se conta nas novelas nin se ve nos filmes, esas pequenas cousas que, no mellor ou no peor dos casos só se albiscan nos espazos en branco e nos cambios de secuencia.

Viaxes no scriptorium pertence ao grupo dos experimentos tentadores que poucos escritores se poden permitir acometer mais, entendemos, non xustifica as case 200 páxinas polas que circula nin os 16 € que custa. O propio Auster ten declarado en máis dunha ocasión que xa escribiu as súas mellores historias porque agora ten a sensación de repetirse. Este relato podería entenderse como unha tentativa de elevar a repetición á categoría de expresión artística mais os que non leron outras das súas novelas non o entenderán e os que si o fixemos podemos ficar coa impresión de asistirmos a un xogo formalmente pulcro mais practicamente alleo á literatura, que non se xustifica cunha presa de piscadelas.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

14 thoughts on “«Viaxes no scriptorium» I

  1. Si, ten todo o dereito do mundo mais eu non deixo de sentirme un bocado timada polo feito de que me vendan como a última novela de Auster un outro produto que non o é.

  2. Si, ten todo o dereito do mundo mais eu non deixo de sentirme un bocado timada polo feito de que me vendan como a última novela de Auster un outro produto que non o é.

  3. Auster xa dixo que agora mesmo está mais interesado en probar cousas novas, coma os guións de cine, do que na propia literatura, que a ten un pouco aburrida.

  4. Auster xa dixo que agora mesmo está mais interesado en probar cousas novas, coma os guións de cine, do que na propia literatura, que a ten un pouco aburrida.

  5. Teño que recoñecer que non tiven oportunidade aínda de dedicarlle o tempo que merecen eses autores anunciados como novos valores da narrativa. Jaureguizar é un home espelido e con esa denominación está conseguindo probabelmente máis repercusión para eles da que terían independentemente. O concepto de grupo contribúe á visibilidade.
    De todos modos, as obras están aí para ser xulgadas. E xa podemos agradecerlles o esforzo de ofrecelas. A partir de aquí nada lles debemos alén dunha crítica debidamente fundamentada.

  6. Teño que recoñecer que non tiven oportunidade aínda de dedicarlle o tempo que merecen eses autores anunciados como novos valores da narrativa. Jaureguizar é un home espelido e con esa denominación está conseguindo probabelmente máis repercusión para eles da que terían independentemente. O concepto de grupo contribúe á visibilidade.
    De todos modos, as obras están aí para ser xulgadas. E xa podemos agradecerlles o esforzo de ofrecelas. A partir de aquí nada lles debemos alén dunha crítica debidamente fundamentada.

Comments are closed.