Constituída a Sección de Crítica Literaria da AELG

Asociación de Escritores en Lingua GalegaNo día 24 de febreiro tivo lugar en Compostela a Asemblea Fundacional da Sección de Crítica Literaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nunha mañá en que a eficiencia e o pragmatismo foron os desexos primeiros de todos os presentes, acordáronse tanto a organización inicial da sección como as liñas de actuación para o ano en curso. A independencia dentro da Asociación e a intención de constituírse como recurso útil para a profesionalización do sector foron aspectos patentes nesta primeira reunión. Máis información aquí.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

2 thoughts on “Constituída a Sección de Crítica Literaria da AELG

  1. Sr. Levita:
    Permítame que o informe dalgunhas cousas que demostra non saber e que sen dúbida a partir dese momento, coa preocupación que o consume a respecto da saúde do sistema literario, propiciarán que respire con alivio e logo mude unha miga a súa visión do asunto.
    Ninguén antepón a constitución desta sección ás necesidades dos escritores. Son estes mesmos os que crean a AELG hai vintecinco anos e agora deciden, dentro da súa asociación, apoiar o nacemento da Sección de Crítica Literaria para que os críticos literarios galegos podan dispor dunha plataforma oficial de traballo desde a que establecer os criterios que consideren oportunos para o mellor desenvolvemento do seu labor. Deste modo poderán analizar as necesidades do sector, tentar corrixir as deficiencias e apoiarse mutuamente como colectivo especializado.
    Como ve, non hai nada que os distinga do resto dos profesionais, pois é de todos coñecido que a asociación profesional favorece a información e o coñecemento do traballo. Mais para vostede a libre asociación implica corporativismo, afán inxusto de lucro ou apropiación do froito do traballo de outros.
    Por outro lado, recapacite sobre a situación actual. Non cre que a dispersión dos críticos actuais en institucións públicas, fundacións e empresas de toda índole probabelmente favoreza máis as “capeliñas”? Non pensa que unha institución ben organizada, de funcionamento asembleario, con recursos recoñecidos para defender un criterio sensato pode mellor determinar as necesidades e prioridades da crítica literaria e responder publicamente da consecución dos seus obxectivos declarados? Parécelle a serio obscurantista organizarse con rigor e responsabilizarse da función que se asume dentro do sistema literario?

  2. miguel levita

    Paréceme que o corporativismo non lle vai sentar moi ben a crítica. O mellor sería que aumentase o número de lectores que requerisen os servicios da crítica, que a fixesen operativa e que esta demanda regulase a profesionalidade. Pero, desgraciadamente o lectorado non da para esto, e os críticos queren tiran un diñeiro da súa labor. Así que será todo mais artificial, entes autoinstituidos baixo unhas redes de influencias que favorecen o favoritismo, a capeliña.
    Curiosamente, os que mais precisarían de profesionalización serían os escritores, pero vai reultar que se adiantan os críticos. Unha desorde evolutiva polo que ser ve. Así que o diñeiro publico pola vía das subvencións vai acamar aparte de nas editorias, tamén non críticos. Para min que esto vai así moi mal. Pídese calidade literaria, boa literatura, e tratase como a marxinados aos escritores, como se a producción literaria fose algo así como un raptus de divina inspiración que non precisa de alimentos, de seguridade, dun tobo onde resguardarse e dun merecido recoñecimento. Sobre este apestado os abutres comen a súa carne e os parásitos reproducense.
    QUeda eso sí o consolo de saber que un bó critico, un autentico critico, que se ocupe mais do seu traballo, da súa vocacións que de administrarse na burocracia do chamado sistema literario galego, será tamén marxinado, e posibelmente se atopen os dous , o escritor e o crítico nos marxens da cidade literaria que se está a construir, compartindo a fame, e algún que outro piollo, pobres, pero con solemnidade,coa mente alta e a salvo dos carimbadores pagados pola enterna avaricia.

Comments are closed.