Unha novela escrita por unha modelo?

«Una novela escrita por la modelo Katie Price se convierte en un superventas en el Reino Unido: Una novela escrita con ayuda ajena por la modelo británica Katie Price, también conocida como Jordan, ha vendido más ejemplares que los seis finalistas juntos del Booker, el premio literario más prestigioso del Reino Unido. De Crystal , novela que trata de los esfuerzos de una muchacha por ganar fama como cantante gracias a un concurso de telerrealidad, se llevan vendidos, desde que salió en junio, 159.407 ejemplares. Por el contrario, las ventas de las seis novelas finalistas del Booker suman 120.770 ejemplares, pese a la campaña de publicidad de que han estado rodeadas. Crystal es la segunda novela de Price. De la primera, Angel , vendió 300.000 copias.» (La voz de Galicia)

Dicía eu hai uns días que non era un canibal, e iso era porque entendía o lector actual a ser tratado como un animal de consumo literario, estimulado tan só por emocións primarias elevadas á enésima potencia. Esas obras que son creadas para “ofrecer circo” a domicilio, unha maneira de atordar o povo similar ao cinema “de medo”. Algo equivalente a substituír o deporte verdadeiro, que tanto contribúe á boa conexión de corpo e mente, por unha sesión de “puenting”. Trátase de non suar, e sen esforzo físico subir as pulsacións cen puntos. A felicidade consiste no sentimento posterior a salvarse dunha morte inminente?

Algo similar acontece con estes produtos, froitos da enxenaría literaria máis comercial, auténtica aliaxe entre a psicosocioloxía e o márqueting. Read More

Share

Alfredo Ferreiro na Sargadelos

O pasado 18 de setembro tivemos a oportunidade de reunírmonos moitos e bos amigos, compañeiros de grandes aventuras, para revivir un chisco de cada unha das nosas vidas a través dos belos e certeiros poemas do Alfredo. Eis unha pequena mostra:

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-5825182495207253076" width="275" height="224" wmode="transparent" /]

Share

I Xornada sobre crítica literaria

Mañá estarei aquí, na I Xornada da Crítica galega, para logo tentar dar noticia do que por alí se dixo, nomeadamente da actual situación do sistema literario. Comezará ás 10:00 horas e será no Consello da Cultura Galega, acarón da grande catedral.
AELG: «A I Xornada da Crítica Galega, unha iniciativa que a Aelg, a través da súa Sección de Crítica, bota a andar este ano coa colaboración do Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear un foro de reflexión sobre a crítica literaria, tan importante para a normalización do noso sistema literario. Read More

Share

“Underwood”, de Pepe Cáccamo

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=204175789878703255" width="280" height="228" wmode="transparent" /]

Este venres 14 foi ingaugurada na Sargadelos d’ A Coruña Underwood, a última proposta poético-obxectual de Pepe Cáccamo. Libros, libros e máis libros para unha reflexión sobre a vida que hai nos libros, a que produce os libros e a que os libros suxiren. Libros “abertos”, libros “pechados”, libros manipulados, libros de contido inviolábel, para sempre sepultadop1010241.JPG nunhas capas coladas como lápides. E se todos estes libros constitúen unha exposición devant la lettre, outras pezas nos sitúan nunha exposición avant la lettre: son aquelas que representan máquinas de escribir, ferramentas de escritura martelada dispostas de tal xeito que cobran vida nunha dimensión preliteral, moito antes de que a súa utilidade fose coñecida. Nace o órgao e despois a función resulta inevitábel.

Read More

Share

Marcos Calveiro gaña o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil

rinocerontes.jpgA semana pasada a novela O Carteiro de Karrada de Marcos Calveiro gañou o XVIII Premio Ala Delta de Literatura Infantil , un premio para obras en galego, éuscaro, catalán e castelán.

O autor que tanto celebramos coa publicación de Rinocerontes e quimeras, despois da escrita meiga de Sari, soñador de mares, faise merecedor dun premio prestixioso como poucos. Teña os nosos parabéns o autor, mentres nós ficamos coa satisfacción que nos produce ver recoñecidos o esforzo e o talento.

Share

Unha perspectiva necesaria

embigo.jpgParéceme que dá no albo Miguel Anxo Fernán Vello no seu artigo do Galicia-Hoxe: “Sobre o falsamente universal“. Unha perspectiva necesaria que nos indica por onde comezar á hora da creación literaria. Mais hai quen cre que falar do seu embigo é suficiente para facer literatura, e na realidade algo máis é preciso: coñecer moitos máis nós estomacais que o propio e saber como falar deles de modo que o motivo inicial se trascenda e atinxa sentidos máis profundos que as peculiares enrugas que só serven xa para dar que falar nun blogue calquera do Blogomillo.

Share