“Underwood”, de Pepe Cáccamo

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=204175789878703255" width="280" height="228" wmode="transparent" /]

Este venres 14 foi ingaugurada na Sargadelos d’ A Coruña Underwood, a última proposta poético-obxectual de Pepe Cáccamo. Libros, libros e máis libros para unha reflexión sobre a vida que hai nos libros, a que produce os libros e a que os libros suxiren. Libros “abertos”, libros “pechados”, libros manipulados, libros de contido inviolábel, para sempre sepultadop1010241.JPG nunhas capas coladas como lápides. E se todos estes libros constitúen unha exposición devant la lettre, outras pezas nos sitúan nunha exposición avant la lettre: son aquelas que representan máquinas de escribir, ferramentas de escritura martelada dispostas de tal xeito que cobran vida nunha dimensión preliteral, moito antes de que a súa utilidade fose coñecida. Nace o órgao e despois a función resulta inevitábel.

O aspecto lúdico resultou en verdade agradábel, como ben afirmou Xavier Seoane, que oficiou —despois da benvida de p1010196.JPGYolanda Castaño— a presentación oficial. Trátase da brincadeira implícita que ofrece o object trouvé, como cando de nenos procurábamos tesouros inverosímiles nun vertedoiro abandonado. Obxectos esquecidos que unha vez resituados baixo a nova luz da imaxinación creativa atinxen un valor inapelábel. Un azar que é trascendido nunha proposta estética inusual, ao tempo rica, polida e sorprendente.

Reportaxe: Tati Mancebo. Texto e fotos: Alfredo Ferreiro.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

One thought on ““Underwood”, de Pepe Cáccamo

  1. levita

    Sorprendente a habilidade plastica e conceptual de Caccamo. Bo acabado, plantexamento claro. Quizais un pouco demais estetizante

Comments are closed.