O Levantador entrevista a Santiago Auserón

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=6745516833224064383&hl=es" flashvars="" width="320" height="240"/]

Temos o pracer de ofrecer a entrevista que Santiago Auserón nos concedeu apenas unhas horas antes da súa actuación en Compostela coa Original Jazz Orchestra do Taller de Músics de Barcelona, no sábado 20 de outubro.

Agradecidos polo seu interese en ter unhas palabras en primeira instancia para o Blogomillo, Read More

Share

Santiago Auserón falou para O levantador

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-7665443509380261861&hl=es" flashvars="" width="320" height="240"/]

Non vou repetir o que xa relataron Tati, Martin e a nai do Darío, e que tantos poderán contar despois de ter tratado persoas que teñen como obxectivo principal na vida cociñar o talento con suor para entregar ao público —é dicir, o común das xentes— a arte que nace despida no corazón. Read More

Share

Galeguia. Encontro con Cabo Verde

[kml_flashembed movie=”http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-1992759775173793601&hl=es” flashvars=”” width=”300″ height=”245″ /]

No dia 19 presentámonos coa cámara ás costas na primeira edición do Galeguía, xornadas que neste ano foron dedicadas a unha sentida fraternidade coa cultura de Cabo Verde. O evento, con responsabilidade da Fundación Via Galego, o venres ofreceu n’ A Coruña unha mesa redonda sobre literatura e lusofonía e un recital de poemas caboverdianos e galegos, con presenza de Felisa Rodrigues (profesora de literaturas africanas en lingua portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela), Xavier Alcalá (escritor), Carlos Quiroga (escritor), Germano Almeida (escritor cabo-verdiano) e José Vicente Lopes (escritor e xornalista cabo-verdiano); no recital participaron Yolanda Castaño, María Lado, Lucía Aldao, Enma Couceiro e Xavier Vásquez Freire. Read More

Share

Agustín Fernández Paz: entrevista e avance editorial

Continuamos o labor entrevistador cun novo formato audiovisual, e inauguramos unha colaboración desde hai tempo apetecíbel coa Biblioteca Pública González Garcés, aquí, na cidade ístmica, un brazo de Hércules entregado ao mar dos nosos desexos máis declarados: os de honrar neste espazo urbano a creatividade galeguista que desde hai tanto a vén animando, por moito que escuros fumes teñan ocultado aparentemente a impertérrita luz do seu faro.
E facémolo cun autor de sólidas raigames no sistema literario, neste e noutros dous máis talvez tamén, que tivemos a honra de recibir no noso solo urbano: Agustín Fernández Paz. Entrevistámolo despois de pasear a grande biblioteca, entre as chamas da reflexión e algunhas vibracións poéticas improvisadas. Logo tivemos a impresión de que conectábamos, como non podía ser doutro modo con quen tanto a literatura ama e tanta franqueza libera do seu corazón. Admiramos o home e apreciamos a obra, da que nos mostrou limpamente varias das chaves persoais. Como colofón, a primicia da lectura persoal d’ Amor de agosto, un conto íntegro pertencente ao seu novo libro O único que queda é o amor, que virá á luz probabelmente a finais de mes. Un luxo para nós que ofrecemos aos lectores deste blogue coa complicidade inestimábel do autor e Edicións Xerais.

Nota: a ilustración precedente foi creada por Pablo Auladell para o conto Amor de agosto, de Agustín Fernández Paz.

Entrevista:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=4859772255400527703&hl=es" width="300" height="245"/]

Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-1767921422251875154&hl=es" width="300" height="245"/]

Share

Suso Pensado na Sargadelos

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=6832920945340444381" width="300" height="245" wmode="transparent" /]

O pasado día dous desprazámonos de novo á Galería Sargadelos para desfrutar dunha nova edición dos “Martes literarios”, neste caso perante os afinados instrumentos do discurso poético de Suso Pensado. Read More

Share

O anxo delincuente

Amadeu Baptista
Antecedentes criminais. Antologia Pessoal 1982-2007.
Edições Quasi: Vilanova de Famalicão, 2007.

Titulo esta breve presentación da obra de Amadeu Baptista tal como fixen a primeira vez que escribín sobre ela. Pasaron oito anos e viñeron máis dez novas obras, e a perspectiva que defendín na altura como específica da súa poética debe manterse; porque na súa obra o ser humano, puro e portanto divino de partida, continúa a ser descrito na súa polución permanente polo demoníaco através da experiencia da vida.

Así, unha infancia saturnal continúa a ser unha das pedras basilares. A infancia de quen recoñece nas treboadas familiares un destino inmerecido, sobretodo para quen pola súa idade non debe cumprir penitencias. Eses cálculos cardíacos que todos coñecemos, e que algúns individuos engrosan inevitabelmente no corazón até que ningún espazo resta para a alegría. Porén, Baptista fálanos ademais do amor, chave do sentido da existencia, da creación artística como exploración de ámbitos de liberdade e da vontade gnóstica a que como actitude final todas estas experiencias deben conducir un intelecto rigoroso.

Read More

Share