Agustín Fernández Paz: entrevista e avance editorial

Continuamos o labor entrevistador cun novo formato audiovisual, e inauguramos unha colaboración desde hai tempo apetecíbel coa Biblioteca Pública González Garcés, aquí, na cidade ístmica, un brazo de Hércules entregado ao mar dos nosos desexos máis declarados: os de honrar neste espazo urbano a creatividade galeguista que desde hai tanto a vén animando, por moito que escuros fumes teñan ocultado aparentemente a impertérrita luz do seu faro.
E facémolo cun autor de sólidas raigames no sistema literario, neste e noutros dous máis talvez tamén, que tivemos a honra de recibir no noso solo urbano: Agustín Fernández Paz. Entrevistámolo despois de pasear a grande biblioteca, entre as chamas da reflexión e algunhas vibracións poéticas improvisadas. Logo tivemos a impresión de que conectábamos, como non podía ser doutro modo con quen tanto a literatura ama e tanta franqueza libera do seu corazón. Admiramos o home e apreciamos a obra, da que nos mostrou limpamente varias das chaves persoais. Como colofón, a primicia da lectura persoal d’ Amor de agosto, un conto íntegro pertencente ao seu novo libro O único que queda é o amor, que virá á luz probabelmente a finais de mes. Un luxo para nós que ofrecemos aos lectores deste blogue coa complicidade inestimábel do autor e Edicións Xerais.

Nota: a ilustración precedente foi creada por Pablo Auladell para o conto Amor de agosto, de Agustín Fernández Paz.

Entrevista:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=4859772255400527703&hl=es" width="300" height="245"/]

Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-1767921422251875154&hl=es" width="300" height="245"/]

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

19 thoughts on “Agustín Fernández Paz: entrevista e avance editorial

  1. Pingback: O último de Agustín « Nova Biblioteca

  2. Pingback: O último de Agustín « Nova Biblioteca

  3. Pingback: O último de Agustín « Nova Biblioteca

  4. Pingback: O último de Agustín « Nova Biblioteca

  5. Pingback: O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz : O levantador de minas

  6. Pingback: O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz : O levantador de minas

  7. Pingback: O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz : O levantador de minas

  8. Pingback: O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz : O levantador de minas

  9. Pingback: O Trasno Viaxeiro » Novas

  10. Pingback: O Trasno Viaxeiro » Novas

Comments are closed.