O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz

Como o mesmo Agustín anuncia nalgunhas das súas historias, nunca sabemos até que punto un pequeno acontecemento cotián pode darlle a volta ao día ou mesmo facer mudar a nosa vida enteira. O noso carteiro, que chama á nosa porta todas as mañás ás doce, porque sabe que sempre estamos, aínda ignora que, pola súa intercesión, estou agora a tentar comunicarlles unha mínima parte da grandísima emoción que me invade trala lectura atenta e compulsiva do último libro de Agustín Fernández Paz. Coñeciamos o título desde hai semanas, faláranos del e mesmo colocaramos no noso escaparate un vídeo cun dos relatos que o compoñen lido polo autor. O carteiro tamén descoñece que unha vez pechada a porta abrín o paquete e comecei a ler até que o rematei.

Ficarei eternamente agradecida a Agustín por ser un escritor que le, aínda que sexa motivo de gabanza para outros dicir o contrario. Adoro as citas cando colaboran na construción das historias, na elaboración artesanal da beleza. Encántame o modo en que introduce a poesía ao longo de todo o libro e, sabendo que boa parte dos seus lectores son xente moi nova, non imaxino que sexan quen de se resistiren a saber máis de Valente, de Neruda, de Yeats ou de Auster, logo de ler este libro que, pola aparente sinxeleza formal que conseguiu atinxir, non hai outra maneira de ler por primeira vez que devorándoo en poucos bocados.

As historias, menos en número que os títulos, xa verán por que, reflicten que os actos de covardía teñen normalmente consecuencias eternas e que se estes se dan no terreo do amor, onde case todo ten lugar, os seus efectos serán sen dúbida devastadores porque o amor sempre permanece, non así nós nin as nosas lembranzas.

Os finais. Tristes na maioría, revisten noentanto o desencontro cunha capa de optimismo, pois fica claro que podían ser ben distintos de os protagonistas teren apostado decididamente polo amor antes que conformarse co orgullo de telo vivido nalgún momento.

Os personaxes. Persoas e animais, algúns con nome e outros sen el, vivos e mortos ou só imaxes esvaídas de orixe incerta, transitan os mesmos espazos que existen até nos lugares máis recónditos onde a vida humana se dá, como os mesmos movementos unha e mil veces repetidos polas abellas que cohabitan toda a vida sen se coñecer.

As palabras. Absolutamente sublimes, e calquera outra cousa que tentase dicir a partir de agora sobre elas desmerecería absolutamente.

As ilustracións. Da mesma cor que os meus pensamentos mentres lía o libro, acompañan de igual modo o relato e o lector, só se permiten definir até onde a mesura aconsella no oído do gran Pablo Auladell. Imaxes de ollos entornados, como as que veñen á nosa cabeza nunha lectura que, como xa dixen, convida ao apresuramento, primeiro ao longo do relato inicial, e logo a cabalo de todos os mais.

Augurámoslle un grandísimo éxito a este libro, tanto de crítica como de vendas, o que significa, que haberá moitas, moitas persoas que gostarán das historias, que se sentirán identificadas, que compartirán sentimentos sen se coñeceren porque ao final, “na vida o único que queda é o amor”.

T. M.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

18 thoughts on “O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz

  1. Pingback: Aínda non liches nada de Agustín Fernández Paz? | Botóns

  2. Laura Pardeiro

    Poucos libros me fixeron crer que o seu autor sinte o que escribe, e este é un deles… Moitas grazas por axudarme a ver de diferente xeito este sentimento.
    Son alumna do IES de Becerreá, e creo que nunca me alegrou tanto que un escritor nos contestara unha entrevista. ¡¡Non perda a costume!!

  3. Laura Pardeiro

    Poucos libros me fixeron crer que o seu autor sinte o que escribe, e este é un deles… Moitas grazas por axudarme a ver de diferente xeito este sentimento.
    Son alumna do IES de Becerreá, e creo que nunca me alegrou tanto que un escritor nos contestara unha entrevista. ¡¡Non perda a costume!!

  4. Laura Pardeiro

    Poucos libros me fixeron crer que o seu autor sinte o que escribe, e este é un deles… Moitas grazas por axudarme a ver de diferente xeito este sentimento.
    Son alumna do IES de Becerreá, e creo que nunca me alegrou tanto que un escritor nos contestara unha entrevista. ¡¡Non perda a costume!!

  5. Laura Pardeiro

    Poucos libros me fixeron crer que o seu autor sinte o que escribe, e este é un deles… Moitas grazas por axudarme a ver de diferente xeito este sentimento.
    Son alumna do IES de Becerreá, e creo que nunca me alegrou tanto que un escritor nos contestara unha entrevista. ¡¡Non perda a costume!!

  6. Pingback: Parabéns para Agustín Fernández Paz!

  7. Pingback: Parabéns para Agustín Fernández Paz!

  8. Pingback: Parabéns para Agustín Fernández Paz!

  9. Pingback: Parabéns para Agustín Fernández Paz!

Comments are closed.