Tati Mancebo na Sargadelos

«Despois da breve pausa provocada polas datas vacacionais do nadal, a Galería Sargadelos da Coruña retoma o seu ciclo “Martes Literarios”, que tanto interese e fidelidade suscitou durante o pasado ano. O 2008 iniciaráse mañá martes 8 de xaneiro, ás 20:00 horas. Esta iniciativa continuada forma parte da programación cultural estable que ofrece este centro cerámico e cultural, nunha proposta que se ven repetindo -dende a súa inauguración o pasado 2007- en martes alternos, contando cunha periodicidade, pois, quincenal.

Nesta ocasión, contará coa presenza da coruñesa Tati Mancebo, unha licenciada en Filoloxía Inglesa que traballa na súa propia empresa de xestión cultural e novas tecnoloxías da información. Á vez, Tati mantén O blog dos pelachos sobre infancia e cultura na Rede e colabora asiduamente con críticas e traducións de poemas no blog literario O levantador de minas. Tamén é tradutora do inglés en multitude de guións de cine, poesía irlandesa, inglesa e estadounidense para revistas e medios electrónicos.

Como poeta ten publicado o libro individual Na hora redonda (1995) e participado en numerosas publicacións colectivas en Galiza e Portugal (“7 Poetas”, “Gaveta”, “Saudade”, “Çopirrait”) así como en recitais poéticos. Foi membro do consello de redacción da revista universitaria “Gaveta” e co-editora dos Cadernos de Azertyuiop, que na actualidade están a ser pasados á Rede. Tamén na Internet verá a luz, proximamente, o seu novo e esperado poemario: NósQuen. […]» (A dirección da Galería Sargadelos da Coruña)

A. F.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

6 thoughts on “Tati Mancebo na Sargadelos

  1. E eu que pensara que o de “infancia e cultura na Rede” era da colleita da presentadora do evento e mesmo fixérame graza!

    Co malo qu eson eu definindo vou ter que pedir axuda para definir o contido do meu blogue. Até o momento sempre dixen que era un deses ‘persoais’ 😆

  2. E eu que pensara que o de “infancia e cultura na Rede” era da colleita da presentadora do evento e mesmo fixérame graza!

    Co malo qu eson eu definindo vou ter que pedir axuda para definir o contido do meu blogue. Até o momento sempre dixen que era un deses ‘persoais’ 😆

Comments are closed.