Eu tamén adherín o manifesto Galeusca

A Asociación de Escritores en Lingua Galega, como integrante da Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca”, da que tamén forman parte a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana e a Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores Vascos), emitiu a 11 de xullo un manifesto que pretende saír ao paso do discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, de Savater e diversos convictos e exconvictos.

Eu tamén adherín tal manifesto, e teño que confesar que me sorprende a escasa reacción até o momento desde o Blogomillo ante unha proposta tan facilmente asumíbel por creadores e defensores da cultura. Algunhas excepcións que atopei son Xesús Manuel Marcos, Marcos Valcárcel, Manuel Bragado, Marta Dacosta e Xosé Manuel Eiré.

A. F.

Revisión 19/07/2008: Acrecentamos á listaxe de adhesións expresas en blogues a de Francisco Castiñeira.

Revisión 20/07/2008: Manuel Bragado (reincidindo), Mario Regueira, Marcos Calveiro, Manuel Lôpez Rodrígues.

Share

Ilustracións de Alberto Esperante para Metal central

Esta foi a fantástica ilustración de Alberto Esperante escollida para o meu Metal central, previsibelmente a saír no outono na Espiral Maior. As outras opcións, non menos sorprendentes, foron as seguintes:

A. F.

Share

Nos teus olhos sem penumbra…, por Ramiro Torres

Nos teus olhos sem penumbra
Cabem as asas do presente, aberta
A casa às ruas, nascentes, em redor.
Decifras as palavras que criam o tempo
Mentres esqueces o teu nome na areia
E as mãos acendem as luzes precisas.
Lugar da transparência, o corpo é
Cruzamento de caminhos, nó desta
Viagem para a tua conversão em
Estrela primeira grávida de universo.

R. T. 07-2008.

Share

A casa da luz comezou a filmarse

Confírmanos o noso carísimo amigo Xabier P. Docampo que A casa da luz comezou a camiñar en carne e óso para a rodaxe do filme homónimo. A idea inicial, que naceu para facerse fotograma a fotograma, tivo de nacer inicialmente en papel en galego, castelán e catalán, mais finalmente, ao cabo de case dez anos cumprirá o seu destino estético primixenio. Habemos de seguir o percurso da rodaxe através do blogue do Xabier, que ilusionado non perderá a interpretación que da historia en imaxes parirá Carlos Amil.

Share

Por fin

saímos de Matrix. Que o deus dos ateus nos bendiga!

Share

Lusofonía XVII

Na actual moda de facerlle propostas de homenaxe para o Día das Letras a unha RAG que se contradí internamente ao tempo que perpetra valoracións xurídico-lingüísticas, en Ferrol reclaman a consideración maior para o defunto Carvalho Calero. Señores e señoras, canto nos falta para a asumir a obra teórica e literaria de don Ricardo se aínda estamos a discutir se ao noso país hai que “afalarlle” en galego ou en castelán?

Share

Falta pouco

Share