Disparan Steiners desde Madrid

Leo que o “xornal dos paisanos” agora arremete contra o Pen Clube de Galicia. O francotirador é o director de Relacións Institucionais do Grupo Prisa, e encanto recolle Cruces caídas utiliza un Steiner de precisión para causar baixas na dignidade da asociación. Fogo!:

«[…] Cuando nos veamos obligados a explicar a un colega europeo las actitudes aireadas con tanto orgullo como prepotencia por el PEN Club gallego le diremos: el dominio político de la mentalidad absolutista -vigorosamente reciclada por el catolicismo militante y por la izquierda autoritaria- genera estas espontáneas reacciones despóticas.

Si aturdido no nos cree, citaremos a los logócratas que Steiner identificó en uno de sus conocidos ensayos, a esos reaccionarios antiilustrados partidarios de ver en la lengua del hombre los orígenes sagrados que la colocan por encima de sus usuarios. Los herederos gallegos de los logócratas también han reconocido en su lengua patria el rango sacramental que hace sacrílega cualquier crítica que un humano de carne y hueso se atreva a insinuar.

De este modo, amedrentando a los demás con nuestras irascibles convicciones, los españoles conservamos intacto el legado religioso de nuestros fanáticos ancestros.

Basilio Baltasar es director de Relaciones Institucionales del Grupo Prisa y de la Oficina del Autor.» (El País)

Polos vistos, o xornal dun país (que inclúe o noso) non ten necesidade de demostrar interese polo coñecemento e o respeito das comunidades que o integran. Prefere vivir ancorado na perspectiva absolutista que el mesmo di deostar. Madrid é Madrid, e o resto, todo o mundo sabe, son provincias. As autoridades culturais mundiais non deben ser molestadas con minucias folclóricas, debe indicar o vello libro de protocolo do Centro.

Inicialmente pensei que a actitude do Pen Clube tería sido pouco intelixente ao mostrar tan mal humor. Agora pregúntome se atinxiría a mesma repercusión de ter sido máis tolerante.

Revisión: recomendo ler as consideracións publicadas en Lándoa sobre este asunto.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

4 thoughts on “Disparan Steiners desde Madrid

Comments are closed.