III Encontro de novos escritores AELG: o recital (5/5)

Este sábado acudimos ao Museo de Belas Artes da Coruña para presenciar o recital poético proposto no III Encontro de Novos Escritores organizado pola AELG. Despois de seguir co máximo interese os discursos e coloquios promovidos por uns intervinientes entregados a reflexións de fólego nas xornadas anteriores (e que referenciaremos aquí), o colofón do recital debeu sorprender a moitos. A mantedora foi Antía Otero e os artistas Estíbaliz Espinosa, María Lado + Lucía Aldao, García (Dios Ke Te Crew), Enma Couceiro, Celso Sanmartín e O Leo (por orde non de actuación senón de aparición no vídeo seguinte). Sen dúbida existía un interese por parte da organización en que puidésemos desfrutar da grande variedade de formatos existente para o poético na actualidade. O resultado foi un espectáculo fresco e penetrante, que fixo que sintamos orgullo de pertencer a un colectivo de creadores permeábeis socialmente e comprometidos coa mellora continua do seu talento.[kml_flashembed movie="http://es.youtube.com/v/6uckMbslq8M" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

6 thoughts on “III Encontro de novos escritores AELG: o recital (5/5)

  1. Pingback: Día internacional da poesía na Coruña | O levantador de minas

  2. Antía:
    Agradezo as túas palabras e celebro que gostases.

    mariademallou:
    O de precisar a ausencia de Antía era só por desculparme. Gustaba de que aparecese, mais o que finalmente trouxen para a casa gravado era algo que dificilmente se encardinaba nunha narrativa festivaleira cun mínimo de sentido. Probei varias “artistadas”, recoñézoo, mais os resultados eran demasiado incertos.
    Unha aperta ás dúas.

  3. ah! así que es ese alfredo! vaia..hehe teño que me disculpar porque non asociei unha cousa con outra che! (é que che son un auténtico despiste eu)
    si, despois de escribir o post xa vin que antía non saia..mágoa
    agora si, coa cámara, a verdade, non me dou para verche, porque había tanta xente e a toda había tanto tempo que non a vía…

    unha aperta logo.

  4. María: Lamento dicir que a Antía Otero non sae, aínda que me pesa, no vídeo. Dediquei 60 minutos a todo o encontro, e cando cheguei ao recital só contaba con 14 para gravar. Así que, se non gostades do vídeo porque non saíu Antía coa súa elegancia de gacela ou o Celso máis rachado, tede en conta que o que hai son os 5 minutos mellores da pouca fita que restaba por usar. O resto tentarei publicalo pola semana adiante.
    Por certo, María, non lembras que te saudei en persoa na entrada do Museu e que pasei varias veces diante de vós coa cámara na man?
    Parabéns pola emotiva actuación.

Comments are closed.