Como xestionar as redes sociais

Tati Mancebo: «Actualmente escribo este blogue, que será, mentres dure, o espazo público da miña identidade dixital, independentemente de que faga uso das redes sociais que estean de moda en cada momento. A maiores teño un blogue en Tumblr onde publico basicamente ligazóns que me interesa gardar en orde cronolóxica e que, mediante un botón arrastrado desde a sección Goodies de Tumblr, me permite publicar no blogue de Tumblr a web qu estou a ler en calquera momento. Desde o panel de control de Tumblr pode apañarse un pedazo de código que levei a un widget deste blogue, de modo que cada cousa que envío a Tumblr, aparece na categoría miniposts que se pode ver na barra lateral esquerda do meu blogue de Blogaliza.

Na barra do navegador teño tamén outro botón que me permite subscribirme a calquera web con rss a través de Google Reader, o lector de feeds que, logo de moito experimentar, me parece máis manexábel e completo.

Ademais teño perfil creado en Twitter e en Facebook, e a Facebook envío automaticamente todo o que publico neste blogue, en Twitter (que non é moito polo de agora porque acabo de abrilo), e no blogue de Tumblr. […]» (Ler artigo completo)

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.