Al sur del mundo, de Xavier Alcalá & Las aventuras del Capitán Duchesnoy, de Xavier Queipo

Share

“O pouso do fume”, de Dores Tembrás

Acudimos à apresentação d’ O pouso do fume, de Dores Tembrás, e conseguimos gravar estas imagens.

Share

As lecturas recomendadas do Xornal de Galicia

No artigo Praias de tinta e letras Víctor Paz Morandeira recolle algunhas das nosas recomendacións para este verán: Açougue, de Amadeu Baptista; [de]construçom, de Susana Sánchez Arins; A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela; Historia contemporánea da destrución da natureza en Galiza, de Xurxo Pérez Pintos. Entre as de Francisco Fernández Naval está o meu Metal central, o que lle agradecemos. Pode descargarse o suplemento Nós29 en PDF.
Evidentemente, temos máis para recomendar, e iso prometemos facer proximamente.

Share

Nova crítica de Metal central

Xosé Manuel Eiré adianta a crítica que publicará n’ A Nosa Terra: «[…] Porque por riba da variedade de ecos que resoan na lectura dos versos de Alfredo Ferreiro, o que mellor grabado me ficou na memoria foi a figura do máxico alquimista. Alfredo Ferreiro exerce diso, de máxico e de alquimista. Como os magos, procura as esencias esprirituais do material. Como alquimista, do material afánase en extraer as esencias espirituais. De xeito que o poeta, porque este máxico e alquimista escribe as fórmulas na arquitectura nouménica da palabra feita poesía libre, se constitúe en punto de encontro. De xeito que o poema se constitúe nun xeito de filosofía humana elaborada desde os adentros do frío material visto desde a perspectiva inquisidora de quen non só traballou con el senón que quixo achegarse a el en trascendencia comunicativa e explicativa. […]»(Ler adianto completo en Ferradura en tránsito)

Share

Xeometrías máxicas de Galicia, de Bieito Romero

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/KJBnyFX_Unw" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

Segunda crítica de Metal central

«[…] Obra forjada com férreo labor – nascida, aliás, de uma árdua experiência pessoal do poeta, que durante quatro anos conheceu de perto a “grande caldeira / de ruído e de sombras” – , Metal central consolida Alfredo Ferreiro como um autor capaz de desenvolver um projeto ambicioso de forma consistente, algo notável sobretudo pela solidez que atravessa a obra: os diversos poemas do livro articulam-se e operam juntos, como azeitadas engrenagens de um livro-máquina. Recusando o fragmentário, o poeta fabrica versos que, ásperos e agudos, traspassam e cortam a fundo a nossa metálica – porque humana – carne.» (Ler artigo completo de Henrique Marques-Samyn)

Share

Un testemuño flamengo

Xavier Alcalá: «[…] O centro de transferencia tecnolóxica ao que pertence o flamengo estase especializando en recuperar materiais preciosos dos inmensos depósitos de todo o que foi tirando o mundo iluminado de noite…

A conversa dá un quebro cando o anfitrión se interesa polo idioma galego, segundo el, un caso semellante ao do seu. E sofre un choque que lle fai esquecer a nova minería ao saber que en Galicia a xente se pregunta se cómpre ensinar galego ou inglés na escola. Non entende nada, vai afinando as preguntas e conclúe a pedir desculpas para atreverse a sentenciar: nada se pode esperar dun pobo que trata a fala propia «like garbage», coma lixo. Tan afectado parece que, se cadra, vai rexeitar o proxecto de cooperación técnica galego-flamenga que orixinara o encontro; e os galegos tentan unha saída pola vía do humor mais, neste caso, non a dan atopado.» (Ler artigo completo)

Share

Auto-entrevista [e coloquio] sobre o libro electrónico

1.-Constituirá o libro electrónico unha parte importante do mercado editorial de aquí a dous anos?

Tati Mancebo: Si, aínda que só fose pola tendencia ascendente da súa presenza no mercado, as estratexias en marcha dos grandes grupos editoriais e a crise tan forte que está a experimentar a industria papeleira (a maior papeleira dos Estados Unidos declarábase en quebra hai aproximadamente dez días), parece que en dous anos o panorama editorial pode mudar substancialmente en favor do libro electrónico.

Calidonia: Si, quen pode negalo?

Mario Regueira: Depende do que entendamos como “mercado”. É indubidábel que medrará cada vez máis, o que está por ver se alguén consegue compatibilizalo de forma intelixente cun modo de negocio rendíbel.

Goretoxo: Que remedio. Se como parece que para a campaña deste nadal o trebello de lectura vai ser o gadget de moda, e como parece tamén, o obxecto literario de evasion (chámalle bestseller, ou fantasia histórica) é unha forma de entretemento obviamente máis sinxela, mais traballada e máis aceptada que o videoxogo (quen falou de contornas de inmersión e non pensou nunha novela que te engancha?), todo parece chamar polo 2010, o Ano da Crise que Non Remata, como o ano da lectura…

2.-Triunfarán os lectores de libros electrónicos como dispositívos habituais entre os lectores?

(Ler completo en Tati Mancebo)

Share

II Encontro Cidade da Coruña: Marilar Aleixandre e Teresa Moure

Con estes vídeos divúlganse as intervencións finais do II Encontro Cidade da Coruña, celebrado na Real Academia Galega con organización da AELG e promoción e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Despois de ter asistido á catro sesións do evento resulta evidente que estas perspectivas son das máis relevantes na renovación socioliteraria actual.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/y_6dSx80kIc" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JnjDrDSVoRI" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

Apresentação de GALIZA: Língua e Sociedade (XIV ensaios)

No 18 de junho, quinta-feira, 20.30 horas (p.m.) / 8.30 da tarde, na Livraria Couceiro (Praça do Livro) da Crunha terá lugar a apresentação do livro GALIZA: Língua e Sociedade (XIV ensaios), Anexo I do Boletim da Academia Galega da Língua Portuguesa. Intervirão: Celso Álvarez Cáccamo (moderador do ato), Fernando Vasques Corredoira, Mário Herrero Valeiro e António Gil Hernández (co-autores da obra).
Também se dará conta do Léxico da Galiza para ser integrado no Vocabulário Comum da Língua Portuguesa, apresentado, junto do Vocabulário da Academia Brasileira de Letras, na sessão solene realizada na Academia das Ciências de Lisboa em 14 de abril próximo passado.

Share