“Carta aberta a un fato de parvos”

Queremos sumarnos aquí á protesta de Veloso: «Membros de Resistencia Galega ou como raio vos chamedes: Para o caso de que chegue esta mensaxe a algún de vós, quérovos dicir, con toda enerxía e solemnidade, que sodes uns parvos do carallo, uns palermos sen cabeza nin sentido común nin remedio. Sodes, en resumo, unha merda, e non merecedes máis que desprezo. Pensades -no caso de que tal actividade sexa posible no voso cerebriño de vermes- que lle facedes moito ben a Galicia estragando o coche de Gloria Lago ou ceibando pintadas na súa casa? Credes que hai algo heroico e definitivo na vosa actitude? Non vos decatades, babecos do inferno, que estades convertendo a esa banda de friquis galegófobos chamados Galicia Bilingüe nuns mártires da liberdade? […]»

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.