O levantador de minas entrevistado pol’ A Nosa Terra

“Hai máis de cen blogues en galego que falan de literatura. Moita xente na internet que fala de literatura e iso quere dicir que existe unha alta participación de persoas interesadas na creatividade na rede”.

“O Blogomillo está a crecer moi rápido e quen pensa que está de capa caída engánase: está en alza, ten novas funcionalidades e xera espazos máis especializados”.

“O Facebook permite unha comunicación máis rápida e instantánea que os blogues. O blogue tal como o entendo hoxe serve mellor para albergar contidos de peso e que manteñen o seu interese mellor co paso do tempo. O blogue permite unha maior especialización e máis facilidades para o arquivo e a consulta”. (Ler máis n’ A Nosa Terra)

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.