AchegArte: a alternativa ao Culturgal que Xunta abortou

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/uiPjXY2zULY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Hoxe recitamos no Rosalía de Castro na Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital poético co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

 

Share

Por primeira vez o Encontro de nov@s escritor@s da AELG non terá apoio da Xunta

Segundo nos informa a dirección da AELG, “como viña sendo habitual, solicitouse o apoio da Dirección Xeral de Xuventude, como o tivo en todos os encontros de anos anteriores e , até o día de hoxe, non tivemos resposta.”

Este ano os coloquios están a ser iniciados no Blogomillo, como anticipo dos debates presenciais. Tod@s podedes participar neles desde o blogue Eu ou Nós? do IV Encontro de Nov@s Escritor@s da AELG.

Share

Historia Universal de Paniceiros, de Xuan Bello

Paniceiros«Calquera localidade pode ser o centro do mundo; Xuan Bello fai, con emoción, que nestes textos Paniceiros sexa todo un mundo. Coimbra, Tánxer, Nova York, Barcelona… todos e máis collen en Paniceiros. As sete casas desta aldea asturiana gardan un espazo literario propio que Xuan Bello universaliza maxistralmente. É Historia Universal de Paniceiros unha das obras máis líricas e emocionantes que se escribiron nos últimos tempos. E non faltan críticos que afirman que a Historia Universal de Paniceiros é un dos libros máis fermosos das literaturas peninsulares, escrito nesta ocasión en asturiano, e que nós traducimos ao galego. E cremos que a cultura galega non debe nin pode ignorar as literaturas veciñas; é por iso que esta edición engade, ao valor de publicar unha gran obra literaria,o mérito de nos achegar a unha literatura como a asturiana, veciña de sempre e ignorada coma nunca. A Historia Universal de Paniceiros fará, a quen a lea, que descubra un gran escritor, e unha literatura, a asturiana, moi atractiva.» (Edicións Positivas)

Share

EU OU NÓS? ~ IV Encontro de nov@s escritor@s

«Do 20 ao 21 de novembro celebrarase en Sta. Cruz, Oleiros (A Coruña), o Encontro de novas/os escritoras/es a que anualmente a AELG se vén comprometendo. Este evento máis unha vez será un espazo para o diálogo sobre os camiños que as novas letras galegas están a tomar na escena do noso sistema literario.

Mais nesta ocasión a Asociación quixo asumir as potencialidades que as tecnoloxías da información poñen ao dispor da cidadanía para tentar multiplicar as posibilidades de diálogo así como a divulgación dos asuntos a debate.

Deste modo, o Encontro presencial que terá lugar no Castelo de Santa Cruz está a ser prologado por un blogue específico en que as/os relatoras/es adiantan as súas teses mediante documentos dixitalizados, visuais e audiovisuais. Estes contidos preliminares, disponíbeis desde xa no blogue “EU OU NÓS? IV Encontro de nov@s escritor@s”, anticipan as materias que serán tratadas nas mesas de traballo (ver programa) e favorecen a eficacia da reflexión, á que se convida toda persoa interesada na literatura galega.»

Vía Axenda Cultural AELG

Share

PGL entrevista Xurxo Souto

Xurxo Souto: «A música é emoçom, portanto a música cantada em português é música nossa, é parte das nossas emoçons». Sim, senhor, um facto tão evidente que me admira no que diz respeito da literatura portuguesa o pessoal não estimar o mesmo. As obras em português seriam imprescindíveis para todo o escritor galego. A realidade é que a ler em castelhano semelha ficar satisfeita a maioría. Ou não?

Share

Entre as mãos uma serpente branca…, por Ramiro Torres

Para o Pedro, na habitação do imenso.

Para o Dúbi e o Rubén, propiciadores de caminhos.

Entre as mãos uma serpente branca
Acolhe a percepção olvidada, para
Deter-nos na cópula da memória e
A lava que ocupa a cidade, com a
Cabeça do tempo explodida, nua
E veraz a sua palavra derramada.

Não é nosso este espaço dormido:
A distância ao pequeno sol ouveia
No coração, segrega a voz inteira
Dos animais despossuidos; na rede
Lançada desde a casa inapreensível,
Atrapadora, a palpitação do eterno.

Ramiro Torres. Outubro de 2009

Share

Xornal de Galicia penaliza os lectores da súa versión dixital

“Os lectores de Internet tamén terán estas novas pola tarde, pero pola mañá pretendemos ofrecer un plus aos lectores que compran cada día o xornal, sexan no quiosco o mediante subscrición. Sen eles non serían posibles esas exclusivas, xa que non habería xeito de pagar aos xornalistas que escriben reportaxes así.”

Equivócanse por completo. Non están a ofrecer un plus aos lectores que mercan o xornal en papel, senón penalizando os que o len na rede. Nin sequera ofrecen a opción de micropagamentos -seguramente porque comporta un gasto inasumíbel para as expectativas de vendas- como fan outros medios que andan a experimentar actualmente co sistema de subscricións “por pezas”.

Como se pode apostar pola versión en papel para aumentar vendas, cando todos os medios van costa abaixo neste camiño, e menos aínda sendo un medio novo e minoritario?

Tati Mancebo

Share

Queremos galego: discursos na Quintana

Por se alguén non o sabe aínda, isto que agora apresento foi todo o que aínda aconteceu despois de que os reporteiros da TVG anunciasen o fin da manifestación, o que, unido ao momento escollido para a retransmisión ao vivo, probabelmente motivou os apupos e os xestos displicentes. Así como os xornalistas non deben ser incomodados a faceren o seu traballo, ficou claro que os políticos e técnicos responsábeis das políticas culturais recentes deben tomar nota do que o pobo lles dixo ben alto: non gostamos nin da política cultural actual nin das mudanzas recentes nos medios de comunicación autonómicos. E non temos que agradecer a atención prestada pola TVG á manifestación: ese era o seu deber como televisión pública, porque o que estaba a acontecer por pluralidade e por apoio social así o merecía. O que os máis inocentes agardabamos era menos política no procedemento xornalístico.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/hfEwQbIXzog" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/538GeH44Q5c" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/2NI6FeDZCBY" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/s4FidRNz3IY" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ajQYW0AdHEQ" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Revisión 22/10/2009: recomendo o lúcido artigo de Xabier Pérez Igrexas “A manipulación da RTVG“.

Share

Vídeo da manifestación polas rúas de Compostela (18 de outubro de 2009)

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/0swR9908gAg" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share