Hoxe recitamos no Rosalía de Castro na Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital poético co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

 

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

8 thoughts on “Hoxe recitamos no Rosalía de Castro na Mostra de Ciencia e Cinema

  1. A verdade é que desde o escenario non se vía nada. A sensación foi boa polo reto do tema, e desde logo moito tivo que ver a marabillosa interpretación de Guadi Galego e compañía.

  2. A verdade é que desde o escenario non se vía nada. A sensación foi boa polo reto do tema, e desde logo moito tivo que ver a marabillosa interpretación de Guadi Galego e compañía.

  3. A verdade é que desde o escenario non se vía nada. A sensación foi boa polo reto do tema, e desde logo moito tivo que ver a marabillosa interpretación de Guadi Galego e compañía.

  4. netincorne

    Que fermosa é a canción do Astronauta. Verdadeiro alimento espiritual. Magnífica a interpretación. Adoro a estes tres xuntos.

  5. netincorne

    Que fermosa é a canción do Astronauta. Verdadeiro alimento espiritual. Magnífica a interpretación. Adoro a estes tres xuntos.

  6. netincorne

    Que fermosa é a canción do Astronauta. Verdadeiro alimento espiritual. Magnífica a interpretación. Adoro a estes tres xuntos.

Comments are closed.