Avatar, outro guion esquecido?

Segundo o noso antropólogo accidental, o filme máis agardado do Nadal é unha mostra máis de deseño gráfico sen profundidade de pensamento. Con moitas emocións, no entanto das máis básicas: a supervivencia en tempos de guerra. Outro exemplo narrativo dunha época baseada na tecnoloxía e no esquecemento das humanidades. Pensar para que? É máis simple o cinema que nos activa o cerebro do réptil, como facer “ponting” en lugar de deporte. Suar é moi cansado, e no fin de semana o que queremos é que nos conmovan sen nos mover.

Share

Juan Varela sobre o e-book

Artigo de Juan Varela, autor do blogue Periodistas 21.
Recomendamos tamén:
ACCESS crea app de lectura de ePubs.
Google Books e DRM.

(Tati Mancebo)

Share

As saudações de João Manuel Ribeiro

CARTÃO DE BOAS FESTAS

Share

A felicitación de Dores Tembrás

Doresnadal09

Share

Bon Nadal e Feliz Ano Novo!

Share

Sobre a necessidade de plataformas conjuntas

Percebe-se agora mais que nunca a necessidade de derivar o trabalho cultural e artístico em plataformas conjuntas que impulsem a criação desde perspectivas horizontais, somando todas as aportações que cada quem necessita fazer, e, portanto, alheias, no possível, a poderes económicos e/ou políticos.
Talvez foi preciso ter claro que as prioridades da maioria destes últimos grupos estão, como mínimo, dessinteresadas, quando não são claramente contrárias, do trabalho criativo propriamente dito, para começar a perceber que a energia própria da arte deve gerar, na medida do (im)possível, espaços e âmbitos para uma ósmose e intercâmbio fluído com toda a realidade, visando uma consolidação dos discursos artísticos, poliédricos por natureza, como uma riqueza inesgotável para cada ser humano e, por consequência, do conjunto social.
Semelha chegada a hora, pois, de serem criadas as medidas e ritmos precisas para o percurso, sem depender de ninguém a quem dever favores, sem aguardar passivamente por mudanças ou ventos mais ou menos propícios em níveis que não sejam o Trabalho irrenunciavelmente próprio, voltado, sem escusas, para diante, atirando longe os medos para retomar em nossas mãos o presente e o futuro, intensamente magnetizados por tudo o que, desde sempre, nos pertence inalienavelmente: a construção da luz no nosso ser, íntimo e universal a um tempo, (sub)vertendo na realidade os inumeráveis caminhos existentes para a manifestação da cultura, da arte, do ilimitado.
Neste sentido, há que felicitar-se por propostas várias que estão surgindo, como as que se têm comentado neste mesmo blog, ou como a que em Cambre botam a andar, sob o formoso nome de Arteu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval, e que neste mês decidiram levar a vários estabelecimentos vídeos, fotografias e gravuras, na convição de encontrar novos lugares para a interação artística.

Share

A felicitación de Olga Patiño

FELICITACIÓN  NADAL

Share

Jane, de Dear Author, sobre modelos de negocio

Tradución libre das partes do texto que me parecen máis interesantes:

Primeiro as súas convicións:

-O sistema de adiantos contra royalties xa non se sostén.

-Unha industria editorial forte é boa para o lector.

-Escribir é un acto creativo, vender é negocio.

Jane defende modelos alternativos de negocio porque cre que a democratización do acceso á distribución pode crear modelos de negocio sustentábeis para todo tipo de autores.

Con editoras como Random House a reclamar dereitos dixitais con carácter retroactivo o panorama está a mudar. Os autores están a asinar contratos de libros que sairán en dous ou tres anos, así que paga a pena botar unha ollada ao que se albisca xa.

1. Sistema de adiantos por dereitos
2. Edición dixital
3. Empresas de servizos de edición
4. Autoedición

Adianto por dereitos

O editor pagaba un adianto ao autor en función das vendas estimadas, que podía chegar a un 94% do beneficio xerado pola propiedade intelectual do autor. O autor recibe unha cantidade situada entre os 1.000 $ e varios millóns por libro mais a promesa de que tamén recibirá entre o 6% e o 15% dos ingresos por riba das vendas estimadas a priori. E ao final o autor pode que non reciba máis que o 6% dos ingresos xerados polo libro.

Edición dixital

O modelo actual contempla porcentaxes superiores para o autor, a maioría entre o 30% e o 40%.

Empresas de servizos de edición

Estas vanse multiplicar con rapidez cando aínda se democratice máis o acceso á distribución. O autor paga só polos servizos que contrata, o que pode chegar até un 50& aproximadamente e debe adiantar diñeiro.

Autoedición

O autor conserva a totalidade dos beneficios xerados pola venda do libro mais ás veces vese na obriga de contratar determinados servizos, como o deseño da cuberta, por exemplo.

A diferenza entre os catro modelos está no risco que o autor está disposto a asumir en función da porcentaxe de beneficio que queira asegurarse.

Como a maioría das vendas está aínda no mercado físico, ese é o de menor risco pero a situación está a mudar.

Durante 2008, polo menos o 24% das vendas de libro físico foron formalizadas online. Estase chegando a un punto en que os adiantos son cantidades tan pequenas que moitos autores están a ter en consideración outros modelos de publicación porque a tecnoloxía de impresión baixo demanda encaixa perfectamente coa venda online.

Os autores que desexen vivir do que escriben deberían cuestionarse se realmente paga a pena acabar renunciando até ao 96% dos ingresos xerados pola súa propiedade intelectual.

A autoedición que non supoña un custo inicial para o autor pode substituír o modelo actual de adiantos unha vez que o mercado dixital supoña polo menos un 35% do mercado xeral do libro. É normal que as editoras estean a experimentar con diferentes modelos para que o negocio se prepare para adaptarse a un mercado en fase de cambio. A edición non bai desaparecer pero vai mudar moito nun prazo de só cinco anos.

A desaparición da necesidade da tenda e o obxecto físicos, abre novas posibilidades para escritores que queiran vivir do que escriben. Os autores deste grupo deberán formarse no novo negocio e coñecer ben os riscos que corren, para poderen asumir os que consideren oportunos.

Unha potente e nova industria editorial se aproxima, preparada para os nichos e para os mercados de masas.
(Tati Mancebo)

Share

A sociedade de Autores británica falou

Contratos de entre 10 e 20 anos máximo, nunca durante todo o período de vixencia dos dereitos de autor. Maiores marxes, negociación por separado de todo o que non sexa texto stricto sensu. Revisión de royalties cada 2 anos. Posibilidade de rescisión do contrato se un título non chega ás vendas esperadas… (Tati Mancebo)

Share

Poetas di(n)versos (fotos)

Luis García Montero, Luz Pozo Garza e Yolanda Castaño.

Xavier Seoane, Dores Tembrás e Luis García Montero.

Luz Pozo, Eva Veiga, Emma Pedreira, Luis García Montero, Dores Tembrás, Xavier Seoane, Yolanda Castaño e Olga Patiño (de esquerda a dereita, de arriba a abaixo).

Máis fotos en O levantador de fotos.

Share