“Libros baixo demanda”

Xavier Alcalá: «Decembro. Cinco e media da noite. Neva. Entre flocos brancos aparece un letreiro amable, Filigranes. Ábrese a porta e, tras dela, un mundo cálido de literatura con dereito a cafetería. A xente procura coa vista e o tacto, colle, senta, follea, toma algo, comenta, devolve aos andeis ou leva á caixa e paga. Tamén, se non dá atopado o que procuraba, deixa feito o encargo e pérdese na nevarada coa esperanza do libro que desexa. Hai libros de luxo e de peto: os clásicos, baratísimos (en Filigranes o naturalismo de Émile Zola véndese a 5 euros a peza). O texto en soporte convencional non vai desaparecer: iso é o que pensan dous escritores galegos na capital da Unión Europea. Logo do Nadal (e dos Reis en España) hase saber cantos libros electrónicos se compran; mais no café desde onde ven nevar, os escritores imaxinan algo entre o tomo clásico e o e-book .

-Ao meu editor en castelán ?-informa un dos colegas- o seu distribuidor nos Estados Unidos xa só lle compra os arquivos electrónicos dos textos. Está a montar unha cadea de impresión baixo demanda. […]»

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.