Por que este artigo de Alcalá non foi publicado na edición en papel?

Será que a edición en papel e a dixital comezan a ser medios con diferentes criterios de edición?

Xavier Alcalá visto por Siro

Xavier Alcalá: «Dous homes de profesións dedicadas á ciencia e á técnica veñen de ver Partidas , filme no que, con maxistral simplicidade xaponesa, se trata do oficio de preparar cadáveres para o seu derradeiro transporte. Meditativos, seguros de que a vida persoal é un ciclo curto mais que a sabedoría non ten fin e modifica o mundo, sentan no café dun hotel histórico, onde tivo lugar a xuntanza dos maiores científicos europeos de entre guerras. Entón a conversa muda, da morte para a investigación básica: a procura do que malamente se albisca ata que chega a ser algo patente, logo de anos de investigar.

Un dos compañeiros de cine e café está afeito a administrar axudas por centos de miles de millóns de euros, agora é o responsable do maior proxecto científico da historia despois do da fisión nuclear (que comezara a penas coas fórmulas de algún dos que aparecen na foto famosa do vestíbulo do hotel) e, ao xurdir Nobel na parola, fai un comentario curioso: cando Alfred Nobel creou a súa fundación non era nin tan rico nin tan coñecido en todo o mundo coma Amancio Ortega; daquela o mundo non estaba globalizado mais hoxe Zara manda no globo. Que marabilla sería que alguén coma Ortega transcendese na historia doando parte da súa fortuna á investigación que fará mellor a vida dos que nos sigan.» (Ler máis “Alfred Nobel e Amancio Ortega”)

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.