O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital

«O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital, pensada segundo o Goberno para limpar da Rede 100 webs (200 segundo as empresas do audiovisual) que ofrecen contidos audiovisuais sen permiso dos seus propietarios, continúa adiante cos remendos necesarios. Trátase dunha norma con eivas xurídicas evidentes, pois permitiría a unha Comisión da Administración fiscalizar as comunicacións electrónicas dos usuarios e dicir o que é legal e o que non, para logo un xuíz executar a resolución administrativa sen tempo para poder discutir o fondo da cuestión, e chegando moito probabelmente a executar nos termos iniciais da Comisión. Semella unha estrataxema para non obviar a participación xudicial, mais utilizando esta nunha versión tan reducida que pasa case por testimonial.

Hai quen ve nesta proposta a utilización dunha autoridade administrativa, a supracitada Comisión, para a defensa non de intereses xerais senón de dereitos individuais de contido económico (cfr. Paloma Llaneza en El País); hai quen estima que unha regulación que afecta á espionaxe de comunicacións electrónicas ou á clausura dunha web debía facerse polo menos mediante unha lei orgánica (cfr. Víctor Domingo en Xornal de Galicia); hai quen opina que obrigar a Audiencia Nacional que vise en catro días aquilo que ordena unha comisión ministerial é un despropósito, como tamén o é exixirlle este traballo a un tribunal exepcional que se ocupa do terrorismo, o narcotráfico e a corrupción (cfr. Ignacio Escolar en Público). […]» (Ler máis en blogaliza.org)

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

2 thoughts on “O novo proxecto de lei contra a pirataría dixital

  1. Deixas as cousas claras, camarada. O asunto de fondo é tecnoloxía (conxunto de técnicas) a usar por uns -partidarios realistas do imparable- e por outros -ilusos defensores do statu quo-. Coido (e por iso aposto) que van triunfar, como sempre, a liberdade e a enxeñosidade.
    O problema -unha vez máis neste intre de mudanzas globais- é estarmos fronte a novos paradigmas que malamente se poden aceptar por quen vive dos antigos. Coa música, por exemplo, vólvese a tempos previos ao gramófono: os artistas só van poder cobrar por actuación. Volvemos a hai cen anos, o sistema montado durante un século esboróase. Os intermediarios ven que a Internet e a web (arañeira universal apoiada nela) son os seus grandes inimigos, porque aproximan o artista ao mundo enteiro, danlle o que o artista quere: difusión global, satisfacción mundial da súa vaidade creadora. O que non gañen cantantes e músicos por publicación de contidos en soportes controlables polos intermediarios hano gañar nas actuacións, que se multiplicarán, con entradas cada vez máis caras…

  2. Deixas as cousas claras, camarada. O asunto de fondo é tecnoloxía (conxunto de técnicas) a usar por uns -partidarios realistas do imparable- e por outros -ilusos defensores do statu quo-. Coido (e por iso aposto) que van triunfar, como sempre, a liberdade e a enxeñosidade.
    O problema -unha vez máis neste intre de mudanzas globais- é estarmos fronte a novos paradigmas que malamente se poden aceptar por quen vive dos antigos. Coa música, por exemplo, vólvese a tempos previos ao gramófono: os artistas só van poder cobrar por actuación. Volvemos a hai cen anos, o sistema montado durante un século esboróase. Os intermediarios ven que a Internet e a web (arañeira universal apoiada nela) son os seus grandes inimigos, porque aproximan o artista ao mundo enteiro, danlle o que o artista quere: difusión global, satisfacción mundial da súa vaidade creadora. O que non gañen cantantes e músicos por publicación de contidos en soportes controlables polos intermediarios hano gañar nas actuacións, que se multiplicarán, con entradas cada vez máis caras…

Comments are closed.