Premios Xerais 2010

Máis un ano asistimos a unha das grandes veladas literarias da Galiza. Este ano aportamos en San Simón a equipa de Algueirada sen Tati Mancebo, que houbo de ficar en Arteixo e se encarregou da monitorización da transmisión de BlogalizaTV, do chat de Facebook e do Twitter; ao leme da transmisión, como non, estivo Pedro Silva e na gravación e edición de vídeo un servidor. Mais este ano contamos cunha equipa de colaboradores de excepción: Paula Gómez del Valle (fotografía), Miriño (cámara de streaming) e Ghanito (Facebook, Twitter). O resultado foron 2,5 horas de transmisión acompañadas de chat e chíos e 19 vídeos, dos que 14 foron entrevistas improvisadas, 4 foron resumos de discursos e 1 foi unha reportaxe. Resultaron suficientes as opinións referenciadas, mais aínda así ficamos insatisfeitos pola grande cantidade de nomes que gustaríamos de ter posto perante a cámara: Mercedes Queixas, Martin Pawley, Antía Otero, Armando Requeixo, Xosé Manuel Eyré, Ramón Nicolás, Marilar Aleixandre, María Xosé Queizán, Rexina Vega, Pilar Ponte, Xurxo Sierra Veloso, Laura Caveiro, Xosé Manuel Beiras, Carlos Callón e tantas outras persoas de quen agradeceriamos saber que desexan dicir sobre os Premios Xerais e a situación actual da nosa literatura. Un saúdo a todas e parabéns para Teresa e Iolanda, as protagonistas, así como para o equipo de Xerais que con tanta profesionalidade ano após ano aposta pola nosa literatura.

Share

Damos a benvida a un blogue de tecnoloxía

A terra tamén na Blogaliza un blogue de Tecnoloxía interesante como poucos, non por acaso apañou o Premio á innovación educativa en 2008: «E xa por fin os últimos vídeos deste curso, os que corresponden aos proxectos de 3ºA. O que podedes ver debaixo destas liñas é o temporizador do grupo verde, deseñado e construído en pouco máis de dúas sesións porque o deseño inicial non funcionou como estaba previsto. Xa sabedes que na canle de youtube podedes atopar este vídeo e moitos máis de 3ºA, 3ºBC, 2ºC e 2ºD. […]»

(Blog de Tecnoloxía)

Benvida á Blogaliza!

Share

“Casa elevada”, por Ramiro Torres

Para Marta e Ramón

CASA ELEVADA

Somos a casa elevada
na profundidade
do coração,
a língua compacta da luz
devolta à sua candente raiz.
Há em nosso habitar
um eco da terra originária,
escalados até o grau inicial
da pura destilação do tempo.
Uma velha insolação nos
consome e dilui
numa paz ardente,
voltos para o lugar pleno
em que munimos a bela voz dormida
na sua constelação derramada,
pervagando na táctil penumbra
onde bebemos na súbita ordenação
do universo.

Abril de 2010

Share

A Galiza de Saramago

A noticia do pasamento de José Saramago fainos lembrar aquela entrevista realizada en Compostela en galego e/ou portugués ao escritor por uns rapaces universitarios que xa demostraban perspicacia e talento infrecuentes. Era 1990 e viña á luz na Folhas de Cibrão. Revista Universitária de Investigação Científica, I, 2, con responsabilidade de Antom Fernández Malde e Pedro Casteleiro. Hoxe relembramos aquele excerto sobre a cuestión galega publicado no post “A Galiza de Saramago en 1990“.

Share

Premios Xerais 2010: Teresa González Costa ou a sabia inocencia

Impresionoume de Teresa a súa visión dunha sabedoría que nace da visión sen lastros da infancia; a vinganza, o arrebato e a acción intempestiva, así como a reflexión sobre o que é xusto, talvez menos sincera coa albarda da maturidade.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/UQVkzqIsY3U" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A bicicleta como protagonista dun bestiario infantil, e con mestura de literatura do absurdo? Algo así pode ser realmente suculento.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/NEC1ACfXs1I" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Premios Xerais 2010: Iolanda Zúñiga, un ciclón literario

É moi difícil ser máis directo, máis rotundo e máis cárnico literariamente falando. Agardo impaciente o momento da lectura:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jb-01ocK6EU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Nota para os moi adheridos ao antireintegracionismo: o título do romance, para ben ser e conforme a autora, deberán lelo como “Perifería“.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F-7QRuxWSdk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share