Queres probar Open Kitchen?

Tati Mancebo: “Acabo de recibir un correo do amigo Rodrigo Varela onde me conta que a aplicación para iPhone Open Kitchen, que leva varios meses coordinando, pode descargarse de balde até o 24 deste mes. A intención dos autores é recoller opinións para mellorala de cara á próxima versión. Se vos apetece colaborar, podedes transmitirlles as vosas ideas a través da páxina da app os dos seus perfís en Facebook e en Twitter.

Open Kitchen contén 250 receitas de cociña fornecidas por 18 blogueiros gastronómicos “para días de praia e campo, celebracións, momentos cotiáns…”

Share

Autonomía e duración da tinta electrónica

Tati Mancebo: “Autonomía e duración non son a mesma cousa e, se ben a fronteira por riba das 12 horas para o caso da primeira deixa de parecerme relevante, que o primiero lector de tinta electrónica que mercaramos hai dous anos deixara de funcionar por completo ao pouco tempo e que tivésemos que convencer o provedor de que non fora usado para cravar puntas para que nolo trocase por un novo, pode ser unha casualidade. Que lle teña acontecido o mesmo xusto ao rematar a garantía, pode seguir rozando a convencionalmente chamada mala sorte. Pero se mercas un Kindle e se agreta a pantalla na primeira semana, aínda que non teñas que realizar un esforzo desmedido para convencer o provedor para que cho substitúa, algo comeza a renxer.

Teño para min que estamos a falar de aparellos extremadamente delicados e, portanto, ańda máis caros do que pensabamos, para a vida que teñen. Pouco importaría que semellen dispositivos futuristas dun filme de ciencia fición dos anos 70, se polo menos durasen, mais non parece ser o caso. Hai alguén que teña unha experiencia similar á nosa e que queira contala? Ou realmente estamos tocados polo trasno dos trebellos e deberemos facérnolo mirar?”

Vía Tati Mancebo: Autonomía e duración da tinta electrónica.

Share

Eu tamén son un Bolechas!

Os Bolechas difuminan os limites entre o mundo virtual e o real. Desde hoxe partindo dunha foto propia o usuario pode construír un avatar e verse integrado no mundo creado por Pepe Carreiro. O proxecto preséntase hoxe, martes 21, ás 13:15 na libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela.

Meubook chegou a un acordo con Pepe Carreiro e desenvolveu unha ferramenta que permite a creación dun conto personalizado a través da web. Baseándose na tecnoloxía de recoñecemento facial, e a partir da introdución duns poucos datos fisionómicos, un avanzado programa de caricaturización elabora unha imaxe do usuario adaptada ao mundo creado por Pepe Carreiro, que como personaxe dos Bolechas protagonizará unha historia creada para a ocasión. O libro ten un prezo de 19,99 euros, e pode ser solicitado a través da web ou encomendado ao libreiro de confianza en seis idiomas: galego, castelán, catalán, vasco, aranés e portugués.

O conto personalizado dos Bolechas é un novo produto de Meubook, unha plataforma que pretende ofrecer servizos eficientes e polivalentes para lectores e editores. Orixinalmente galega, a plataforma Meubook pretende achegarse ao usuario do ecosistema do libro en varias linguas: galego, castelán, catalán, vasco, portugués, inglés e francés.

Share

Advertencias da Crónica Troiana

«[…] Estamos nun tempo decisivo na historia de Galiza, no que aínda existen unha clases dirixentes propias, que no século seguinte se verán precipitadas á desaparición e á desmemoria. Bo exemplo desta situación é que houbo quen quixo furtar da historia o nome do mecenas desta tradución ao galego.

Se na actualidade dispomos do dato de que foi Fernán Pérez de Andrade quen mandou realizar a Crónica é grazas aos reactivos que se lle aplicaron no século XIX a varias liñas riscadas na obra. Nelas figuraba o nome completo deste señor galego, descrito como “o mellor home que havía entonce en Galiza”. Outras dez liñas e media que tamén foron tapadas, a bo seguro polos mesmos motivos políticos que as outras, permanecen totalmente ilexíbeis.

O que se quixo eliminar e non conseguiron de vez foi o seguinte:

E sabede que este Fernán Pérez foi fillo de Roi Freire d’ Andrade, e por mi creede de certo que a este tempo que este livro foi escrito que este Fernán Pérez era o mellor home que havía entonce en Galiza dos conde ou rico home afora. E sabede que el a este tempo era home de duzentos homes de cavalo armados a todo punto. E era señor da vila da Cruña e da vila de Betanços e da Pontedeume. E Ferrol e a Pontedeume dérallas el rei por súa herdade. E outrossí tambén era señor de Neda e de Cedeira e de Santa Marta e de Viveiro e de Vilalva, e de todos seus términos de todas estas vilas e lugares, e tambén das terras chãas en todas estas comarcas, en guisa que quantos homes moravan en tódalas ditas vilas, bõos e ligeiros e…[…]»

Vía O blog do Carlos Callón.

Share

‘Escrita luz’, de Cesáreo Sánchez Iglesias

As túas pulsacións significan
os teus sentimentos.
Posúes a túa forma
cando te abandonas ao distante
e os teus pensamentos
debuxan baixo da ponte
as imperceptíbeis ondas
dunha antiga lágrima.
De ti sabía todo
menos que lembras
até despois de me perder.
Só o fuxitivo
permanece e dura -disme.
Transcorres para te opor ao morrer.

Cesáreo Sánchez Iglesias (2006). Escrita luz – Antología personal. Madrid: Eneida. Edición bilíngüe con tradución castelá de Xoán Abeleira.

Share

‘O pequeno almoço de Carla Bruni’, de Rui Costa

“Há pessoas que são muito ocupadas. São as pessoas cheias de falta de tempo. Às vezes aparece-me uma e marca logo, Eu tenho pouco tempo, ou Eu não tenho tempo nenhum. E pergunto logo, Isso pega-se,,, elas olham aflitas para mim. A tentação destas pessoas no momento seguinte é explicar. Contar por que é que não têm tempo. E começam, Eu esta manhã…, e então eu digo, Ei-ô,,, cuidadinho, não passe as suas doenças para mim. E começo a desandar da beira delas. E elas vêm atrás de mim. E dizem assim, Podemos combinar qualquer coisa, que fazes na quinta. Respondo eu, Nada. Nada? Nada. Niente. Zerão. É aqui que me ponho a andar como se começasse a chover. Eu detesto a chuva.”

Costa, Rui (2009). El desayuno de Carla Bruni ~ O pequeno almoço de Carla Bruni, Punta Umbría: Ayuntamiento de Punta Umbría. Colección Palabra Ibérica.

Share

Wikileaks ou a medida da democracia

A estratexia de supresión do auténtico xornalismo é un índice claro do nivel democrático do mundo occidental. Que os EUA, autoproclamados garantes da democracia mundial, axudado por todos os seus esbirros mundiais precise de facer desaparecer Wikileaks deixa as cousas claras: o nacionalismo capitalista, ese que implicitamente defende Vargas Llosa, non se basea na liberdade de prensa como sempre presumían, senón na ocultación ao pobo das necesidades do grande capital. “Para nós e sen o pobo” semella ser a consigna internacional actual, nada diversa da dos ditadores de toda época.

Imprecindíbeis sobre o tema son as anotacións de Pedro Silva e Xosé Manuel Pereiro, así como o artigo da Revista das Letras onde se ve o posicionamento ou a falta del doutros eminentes xornalistas galegos.

Share