‘A intacta ferida’, de António Ramos Rosa

Unha reflexión sobre os xestos, sobre a interpretación dos elementos esenciais que nos rodean, na inevitábel interacción do ser humano coa Natura, o mundo en que aterramos sen xamais telo abandonado. O misterio da vida é a ignorancia do destino, e o poeta reflexiona sobre os elementos naturais que nos acompañan no camiño pois sabe que na hermenéutica da materia debe acharse a chave para a comprensión do humano. Chegamos ao mundo un día sen telo abandonado nunca, polo que máis que nunha viaxe misteriosa a resposta está nunha transmutación incesante.

A palavra
nunca retorna ao magma
Nunca se toca
a matéria mesma
do que se escreve

Mas a palavra
anuncia
a abertura
e nela própria circula
a sombra que nos toca
e nos faz respirar

António Ramos Rosa publicou A intacta ferida en 1991 e agora debemos agradecer a Ediciones Sequitur esta versión bilíngüe no resto do territorio ibérico.  A tradución de Luis González Platón é máis que correcta, aínda que haberemos que recoñecer que este portugués literario ofrece poucas dificultades na súa traslación ao castelán. No entanto, si existen algúns casos en que o tradutor caeu en erros debidos ás “falsas amizades” entre portugués e castelán: “Vejo o solo extinto” nunca debería ser traducido como “Veo solo lo extinguido” (p. 21), senón como “Veo el suelo extinguido”.

Agradecemos a Sequitur ternos enviado o título dedicado a este vulto das letras hispánicas, e celebramos o interese que a editora mostra por unha poesía que -non só porque o diga Antonio Gamoneda- está na primeira liña da poesía mundial.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.