A colección Letras de Cal de balde en PDF

«A colección Letras de Cal acolleu, entre 1997 e 2001, os versos de moitos autores que hoxe están xa plenamente recoñecidos no sistema literario galego. María Lado, Igor Lugrís, Sechu Sende, Carlos Negro ou Olga Novo son só algúns dos autores que publicaron no marco deste proxecto. Agora, os catorce volumes que se publicaron dentro da colección, incluíndo a antoloxía dEfecto 2000 e outra con traducións de poesía vasca, están dispoñibles integramente na rede en formato pdf da man de Poesiagalega.org.» [Vía culturagalega.org]

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.