No Culturgal con Camilo Franco

Alfredo Ferreiro con Camilo FrancoCamilo Franco está vivir unha mala época. Unida á desolación que implica ser o único escritor nun estand da Feira da Cultura, é patente a falta de inspiración que padece na actualidade. Animado polo altruísmo e o afán gremial que me caracteriza, achegueime onda el coa enorme curiosidade de quen non sospeita por onde a cada momento o seu talento pode florecer. Así foi como servín de necesaria muleta a Camilo, nun acto de inconmensurábel modestia e xenerosidade tamaña, ofrecéndolle gratuitamente un argumento con que mellorar o seu proxecto narrativo: «Unha historia de transformación e desconcerto. Alfredo Ferreiro quere un personaxe ao que todo lle vai razoablemente ben na vida. Casado con fillos, sen queixas de convivencia, sen queixas nun curro razoablemente ben pago. Desfruta con comodidade dos restos do estado do benestar. Pero un día ve na televisión un conselleiro e sente unha atracción instantánea, aínda que non se sente afín politicamente. Resístese a admitir o frechazo e cala, como aconsella a prudencia, pero a presión de sentirse moi diferente a unhas semanas atrás desencadea unha tormenta interior. E esa treboada vai a máis. Ferreiro quere colocar o seu personaxe nunha encrucillada: que saiba dun intento de atentar contra o conselleiro. Debe actuar, pero así complicará moito máis a súa circunstancia.» {Ler máis en camilofranco.eu}

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

Deixar uma resposta