‘Suscitar o entusiasmo con distintos alentos ‘, por Román Raña

Román RañaVersos fatídicos por Román Raña«O volume que agora comentamos, Versos fatídicos (1994–2010), reúne a produción poética de Alfredo Ferreiro (A Coruña, 1969). Latexan nos seus poemas distintos alentos. Por exemplo, un claro fervor protestatorio, especialmente na sección “Textos bélicos”; ou un aparente discurso reflexivo sobre o acto creativo que acaba sendo, á súa vez, creación:“escribir un poema debe ser un diluvio que agoniza”.Tamén existe un núcleo temático moi fermoso cando o autor explora a urbe onde se domicilian as súa inquietudes vitais,“A cidade engrinaldada”, e entón lemos:“Aquí o mar entrégase e non dicimos nada: bañámonos en auga falsa, rebozámonos en terra negra e saímos enxoitos da nosa noite estraña”.

Tamén conviven, no interior das pezas máis diversas, momentos de rara clarividencia que nos deslumbran: “A cidade adormece as súas unllas de prata”, onde percibimos un depurado surrealismo con ecos que nos cegan e que van de Breton a Lorca,de Éluard a Octavio Paz,mais que o noso artista destila no seu persoal estilo. Por iso non son estraños aquí algúns elementos amargos,como gotas de suprema acidez, no medio de textos aparentemente descritivos. Definitivamente, estamos ante unha voz que se suma ao noso entusiasmo polo panorama da nosa poesía actual. » {Faro da cultura, 19/01/2012, Faro de Vigo}

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.