Pedro Silva falou de creatividade e tecnoloxía en Almería

Pedro Silva

O noso compañeiro Pedro Silva deu unha conferencia en Almería que o sitúa na vanguarda da creatividade tecnolóxica, e que queremos aplaudir desde aquí: “La finalización de estas jornadas con un taller-presentación del Centro de Negocios para emprendedores del PITA y la plataforma Arduino supuso acercar a los alumnos a nuevas perspectivas de futuro que deberán valorar en su proceso de creación de su propio oficio. No en vano, las herramientas libres en torno al concepto de la “ética hacker” fueron las protagonistas del discurso de Pedro Silva, ponente de este taller.

Para Silva, la independencia y libertad que supone la organización del trabajo, gracias a las nuevas tecnologías, en una empresa descentralizada y conectada en redes abiertas es una realidad que se materializa en su empresa cooperativa de acción cultural “Algueirada”, que lleva 10 años funcionando y aglutina ya 3000 blogs y 64000 usuarios.

Redescubrimos con él términos como GNU, Bitcoin, Arduino, impresión en 3D, y también debatimos sobre neoruralidad, antropología libertaria y el concepto limitador del trabajo: “nadie debe hacer un trabajo estúpido y repetitivo”, concluyendo con su discurso que “la tecnología nos permite ser artesanos y participar de la revolución digital”. {Ler máis na Asociación de la Prensa de Almería}

Share

Rodrigo Díaz de Vivar, ese galego

Manuscrito do Cantar de Mío CidQue o famoso Cid fose galego non é algo que se pretenda reivindicar aquí, senón tan só un dos insultos que lle dedicou o mouro Ben Bassam de Santarém ao nobre burgalés no seu Tesouro das excelencias dos hispanos, por volta de 1109, a saber: “vil galego”, “avasalador, opresor”, “enfermidade incurábel”, etc. Que un cronista falase mal de quen era un terríbel pesadelo para todo exército inimigo ao estilo do que foron máis tarde os condottieros non admira a ninguén, mais que o tratase de galego cando nos mapas de época a historiografía moderna nos mostra un reino de Asturias, de León ou de Castela, resulta cando menos chocante. Ora, se entendemos que Afonso VI era outro “vil galego” para os mouros, como de facto tamén o chamaban, a cousa muda completamente.

A verdade histórica, se desprovista da camuflaxe que sempre aprimorou unha imaxe de caudillo castelán, católico e reconquistador, revélase en todo o seu explendor. Isto foi o que fixo a profesora Dolores Oliver Pérez no seu fantástico traballo El Cantar de Mío Cid: génesis y autoría árabe (Fundación Ibn Tufayl), cando defende que o primixenio texto foi unha encomenda do Cid ao poeta al-Waqqasi a quen nomea cadí da súa corte en Valencia seguindo o xénero árabe do ajbar, habitualmente utilizado para encomiar os gobernantes. Para chegar a esta conclusión pon en causa a perspectiva habitual dos estudos herdeiros de Menéndez Pidal e fornece novos e rigorosos argumentos, sempre pondo por diante que até o momento non se tivo suficientemente en conta o mundo hispanoárabe para explicar a riqueza cultural peninsular:

a) o público ideal do Cantar de Mío Cid non pode ser cristián, xa que os xuízos descritos cobran sentido só desde a xurisprudencia islámica;

b) o comportamento do Cid responde máis ao modelo beduíno do que ao visigodo;

c) o poema mostra grande respecto polos musulmáns e presenta como maus personaxes cristiáns;

d) non se atopan referencias a xograis cristiáns anteriores ao século XII, cando en territorio islámico existiron inumerábeis poetas que facían panexíricos dos seus gobernantes e cantaban súas vitorias sobre o inimigo;

e) a sospeita dun autor árabe xustifica a utilización de tópicos e cadros escénicos da poesía beduína, así como o estilo das descricións das batallas e as louvanzas do Cid desde parámetros usuais para os paladíns do Islam; non por acaso Cid provén de sayyid ou señor dunha tribo, apelativo usado para os reis das Taifas (ver nota final).

Estas e outras sólidas argumentacións de Oliver no seu completo traballo de catrocentas páxinas poden ser o primeiro paso para cuestionar unha historia literaria medieval que carece de sentido. Puxando deste fío atopamos algunhas consideracións inevitábeis e de patente interese:

  1. Se o Cantar de Mío Cid foi composto en árabe arredor do ano 1095 e o texto actualmente conservado é un manuscrito do século XIV, non hai razón para consideralo o “monumento máis antigo escrito en romance”.
  2. Que o Cantar fose escrito en árabe no século XII e versionado en castelán no XIV é coherente coa revisión historiográfica actual que asinala o principio da política castelanista no século XIII, a partir do reinado dun Afonso X que comeza a utilizar o castelán para a prosa. Que na altura Rodrigo de Vivar fose tratado de galego non debe admirar ninguén, cando prestaba servizo ao rei galaico Afonso VI que gobernaba desde León, como teñen demostrado os nosos historiadores.
  3. A falsidade do texto castelán do Poema como do século XII, segundo defendeu Pidal e a continuación a práctica totalidade dos historiadores da literatura, xustifica un protagonismo improcedente da lingua castelá no medievo que sen dúbida afecta tamén aos parámetros cronolóxicos da historia das linguas ibéricas.
  4. Revélase como necesaria unha nova análise da historia da literatura hispánica no que di respecto dos sistemas literarios. A posición dun prestixioso sistema literario en árabe até o Califato, a existencia dun sistema literario cristián en galego proeminente até o século XIV e o nacemento dun sistema literario en castelán a partir das políticas unificadoras castelás do século XV constitúen puntos de referencia, a meu ver, imprescindíbeis para unha moi necesaria revisión da historia da literatura galega. {Publicado en Praza Pública, 23/04/2012}

Nota: Agradecemos a referencia de Ernesto Vasques Souza sobre a obra de Eulogio Losada Badia El Campeador Cid en las peninsulares fuentes medievales, onde cuestiona que a palabra Cid proveña da árabe sayyid, pois rexistra o antropónimo Cid dentro da tradición galaica.

Share

Do Calepino ao Ipad en catro minutos

No día do libro non quixen deixar de ofrecer como humilde contributo a miña propia experiencia de lectura, no extenso abano que vai do libro antigo aos modernos soportes de contidos dixitais.

Share

Olga Novo e Antón Riveiro Coello, Premios da Crítica Española

Antón Riveiro CoelloOlga NovoNo día de onte coñeceuse o ditame dos Premios da Crítica Española,  que no apartado de literatura en lingua galega corresponderon aos libros Cráter, de Olga Novo, e Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello. Como membro da Sección de Crítica Literaria da AELG teño que recoñecer que o traballo de escoller o mellor libro de poesía e de narrativa do ano anterior é ben agradábel, sobre todo porque se constata de ano para ano o alto rendemento do sector creativo do noso sistema literario. En particular, lembro a especial satisfacción que na Sección sentimos cando hai pouco máis dunha semana se revelaron os títulos máis votados. Parabéns aos premiados. [Vía Ferradura en tránsito]

Share

Mar bravo

Desde que moro en Arteixo, observo o mar sempre que teño ocasión. Vou de carro ou a pé, practico deporte enfronte das ondas que baten a poucos metros de min, reparo na sutileza da area e nas cicatrices da rocha. No movemento do mar e na quietude da pedra.

Hai dous días anunciaron un temporal con ondas de oito metros na Coruña e non puiden evitar saír co móbil a mollarme se podía gravar un mar extraordinario. A verdade é que despois de tantas visitas á praia no que máis reparo é nas mutacións que constantemente sofre. Porque esquecemos que non somos os únicos que nos gastamos e que mudamos de lugar. Todo na terra agarda ser salpicado polo mar. Todo.

Mar de Arteixo

Share

Lembrando o humor dos anos setenta

Revista Hermano Lobo 1975

O amigo Xosé Vázquez Pintor remítenos unha alfaia do humor progresista dos anos setenta que volve ser pertinente a causa dos varios gobernos tardofranquistas que padecemos.

Share

Unha Academia Galega pouco Real

Logo Real Academia GalegaSegundo o Estado a Real Academia Galega non ten dereito a percibir máis que o 38% do que percibiu o ano pasado, único ano en que lle foi outorgada unha axuda económica digna desde Madrid. Aínda que até o ano pasado tiña sido a peor tratada desde sempre polo goberno da nación española, este ano tócalle estar moito peor que as correspondentes catalá e basca, e tan mal como sempre acostumou a estar. Ao mesmo tempo, a Casa Real é insensíbel ás penurias dos seus súbditos reducindo o seu orzamento unicamente nun 2%. A verdade é que sempre pensei que á Academia Galega lle sobraba o de Real.

Share

Aniversario d' O levantador de minas

Hai exactamente un mes, o noso blogue estivo de aniversario. Hoxe cumpre, por tanto, seis anos e un mes de vida, e gustaría de lembrar máis unha vez o post inicial:

A beleza reclama o seu lugar

Iniciaba a creación e a edición na web coa defensa da beleza e a invocación dunha musa encarnada nunha fotografía colonial oceánica. Hoxe vexo aquela intuición tan válida como daquela, aínda que o punto de vista diríxeme de volta á terra propia. Debe ser que, tantas veces, é preciso voar lonxe para atopar a verdade que florece diante da nosa porta.
Neste sentido, a beleza a reclamar é máis necesaria hoxe que nunca, cando tan feamente nos pretenden enganar desde os parlamentos e os púlpitos, tantas feas represións se exercen na rúa, tantos feos recortes se fan no ben estar da maioría e tanta fea usura se concentra nas mans dos máis monstruosamente feos cidadáns do globo. Do globo e non da Terra, fíxense ben, ese que aínda han de furar os máis inconscientes.
Finalmente, tamén quero reivindicar a figura da indíxena que, se ben inicialmente se me afiguraba como unha linda moza da Oceania, hoxe quero vela representando o mesmo espírito telúrico ancestral que recoñecín na miña avoa, estendida debaixo dun vidro que xa non lograba abafar. Aquel día que, tras unha grande pena, puiden observar na súa face inerte a magnanimidade dunha labrega que pisaba tan forte e solidamente a terra como unha princesa celta ou unha raíña sueva.

Share

'Cien mil millones de poemas', homenaje a Raymond Queneau

Agradecemos o envío deste libro singular á nosa amiga Catherine François. Trátase dun obxecto de colección, mais que convida o leitor a facer parte da nómina de autores propóndolle o reto de escribir  un soneto e completar o libro ao tempo que o personaliza:

“10 sonetos cuyos versos son combinables y riman entre sí, dándose así hasta 100.000 millones de combinaciones posibles.
Jordi Doce, Marta Agudo, Fernando Aramburu, Rafael Reig, Pilar Adón, Julieta Valero, Javier Azpeitia, Santiago Auserón, Francisco Javier Irazoki y Vicente Molina Foix son los encargados de firmar este libro, recreando el juego oulipiano en nuestra propia lengua. 10 firmas de lujo absolutamente volcadas en este proyecto en su 50 aniversario, que homenajea también a una de sus influencias de creación, ya que todos se confiesan grandes admiradores de Raymond Queneau” [Demipage]

Share

FESTA ININTERRUMPTA, por Ramiro Torres

Homenagem a Helena Villar, com afecto.

Herdeira de um alfabeto branco,
Entra, abjuradora, no confim da
Levidade, abraça a carne da espuma
E gravita entre o tempo enquanto é
Nascida a uma espiral de palavras loucas,
Ascendendo-nos entre a penumbra da língua.

Voa sobre o silêncio, na crepitação das
Ilhas em que se desnuda e rola até
Levantar dos mapas as campas do medo,
Libertando a líquida floração dos amantes
Amencidos no poema como pólen sideral,
Refundados na união demorada da cópula.

Abril de 2012.

Share