O día en que o deserto chegou ao Premio Biblos

Este verán tivemos a honra de sermos convidados ao ditame do 8º Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos. A Casa Grande do Bachao florecía so o agradável sol dunha tarde de xullo, ofrecendo entre os seus mellores atributos a natureza, a arquitectura tradicional e a compañía de amigos e amantes da literatura.

Todo era harmonía aquela tarde, mais agachaba unha sorpresa inesperada: o ditame do Premio deixábao deserto. María Xosé Queizán, como membro do xurado e hipotética titora da pluma vencedora, explicou non sen pesar que a cualidade das propostas apresentadas non atinxían os mínimos que habían de dignificar un premio cunha traxectoria tan sobresaliente. Tucho Calvo, falando por Biblos Clube de Lectores, comprometeuse a divulgar máis o premio entre os menores de 25 anos.

Felizmente, a compañía, o ámbito bucólico e a cea posterior cargada de espeso ambiente artístico-literario permitiron desfrutarmos dunha velada inesquecíbel. {Máis en Biblos Clube de Lectores}

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

5 thoughts on “O día en que o deserto chegou ao Premio Biblos

  1. Quero dicir, Peke, que agradecía referencias sobre o sistema operativo e o navegador que usas, para que o poda ter en conta. Agradezo o aviso e pido desculpas por non terme explicado dabondo.

  2. Que ti o vexas ben non implica que os demais tamén o vexamos ben. No meu blog pasou algo semellante: eu víao ben, pero os demais non.

Comments are closed.