Pola biodiversidade do portal de Belén

“Segundo Joseph Ratzinger, máxima figura da Igrexa Católica baixo o nome de Benedicto XVI, a imaxe que temos na memoria sobre o portal de Belén contén varios datos sen rigor histórico. Segundo este erudito non cabe dúbida da realidade histórica “do nacemento de Xesús e da virxindade de María”, ao tempo que son invencións puras a presenza da mula e do boi, así como a funcionalidade da estrela que, segundo sempre escoitamos, guiou os Reis Magos até o lugar do evento: para o Papa actual era unha supernova, á que non se lle pode atribuír vontade algunha salvo a de consumirse seguindo unha órbita froito do azar.

Ficamos atónitos ao ver a falta de sensibilidade poética que demostra alguén que sen dúbida debe coñecer o valor profundo da Tradición, aquel conxunto de códigos que serviron através de milenios para falar do humano e o divino, do ancestral misterio que supón a nosa presenza no mundo e o destino final a que habemos de someternos. Son milenios os que levamos reutilizando os símbolos que, estruturados en aparentemente sinxelas alegorías, nos serven para transmitirmos e xogarmos a comprender o misterio irresolúbel da existencia. Alegorías de carácter esotérico, moitas veces, que agachan significados ocultos para aqueles que non coñecemos o código por falta de estudo, de experiencia ou por distancia temporal. Símbolos que foron feitos por mentes sabias e corazóns puros para transmitir o coñecemento esencial nunha época dada, e teñen, como todos os estudosos da literatura esotérica saben, diferentes datas de caducidade […]” {Ler máis no Praza Pública}

 

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.