Poétika, unha singular aplicación para Iphone

O pasado Día da poesía foi presentada Poetika na Casa América, unha aplicación para iPhone que ofrece un catálogo de 1.500 poemas de inicio que serán duplicados en septiembro de 2013. Comprende unha das antoloxías de poesía universal máis variadas e estensas publicadas en español, con autores de todas as épocas, en que non faltan os griegos, Shakespeare, Quevedo, Petrarca, e outros moitos dunha nómina que atinxe a actualidade e na que non faltan as colaboracións de poetas galegos actuais como Tati Mancebo e que isto escribe.

Na elaboración do proxecto participaron os escritores Catherine François, Jenaro Talens (editores e responsábeis literarios da antoloxía), Antonio González (Director General de Wake App), Clara Janés (poeta, novelista e tradutora), e Juan Soros (poeta, editor e tradutor). Read More

Share

Os “pensamentos insomnes” de Santiago Auserón

Debido á lucidez e á profundidade das ideas recomendamos esta reflexión do amigo Santiago Auserón: «Cuando los historiadores consideren con perspectiva la política española de las últimas décadas, se verá probablemente clara la tendencia de una parte significativa de la derecha a recuperar sus ínfulas de dominio –que el fin de la dictadura le había obligado a disimular– por medios legítimos o ilegítimos: la adecuación de las leyes a sus fines particulares, el manejo de las audiencias, la apropiación de una riqueza sin control, la pugna por la privatización selectiva de la salud, de la justicia, de la escuela y de los bienes naturales. Sus sectores más codiciosos, falsos e inmorales están poniendo al borde de irse a pique –una vez más– un lento, costoso y frágil proyecto de democracia […]».

Share

Surreal Academia Galega

Propoño ao Grupo Surrealista Galego a creación da Surreal Academia Galega, cos seguintes estatutos:

Artigo 1º e único: A petición propia, poderá ser admitida na Surreal Academia Galega calquera persoa vencellada ao ámbito da cultura se, inmediatamente á súa admisión, presenta a súa dimisión irrevogábel como membro. As explicacións sobre a súa conduta serán consideradas publicamente como inoportunas; o seu silencio, unha falta de respecto aos maus entendedores.

Alfredo Ferreiro {Vía Grupo Surrealista Galego}

Share

A colección Caldeirón de poesía erótica

No pasado mes de decembro tivemos a sorte de acudir á presentación da colección Caldeirón en Arteixo, cun interesante elenco de autoras e autores consagrados polo Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Non viñeron recitar todas, mais contamos cun nutrido grupo de plumas: Paco Souto, Alberte Momán, Enma Pedreira, María Lado e Elvira Ribeiro. Foi, como non, na libraría Á lus do candil, onde tivemos a oportunidade de gravar estas imaxes do evento.

Share