Fora do quirófano há um mar em calma

Je est un autre
A. Rimbaud

Há momentos em que só devemos favorecer a nossa comunhão com o mar. A aceitação duma salinidade desprezada por séculos assim como essa benevolente maré que trabalha para nos derrubar os muros. Os muros que insistentemente construímos para isolar aquilo que mais precisa de contato com o outro. O outro que desde a sombra nos habita e dá sentido à nossa vida.

 As Júbias, 13/II/2014

Share

O Mundo Secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila

Esta é unha serie que consta de dous libros: O ladrón de soños e Un faro na escuridade. O primeiro libro trata da maxia, aínda existente, das civilizacións pasadas e do poder do amor. O segundo vai por un camiño moi diferente: surrealismo, fantasía, seres do pasado e poderes ocultos do noso interior.

Gustoume máis o segundo, é de acción máis continua e case sen descanso. Sempre que rematas unha páxina non sabes que vai ocorrer na seguinte. Os personaxes son canto menos estraños: un antigo discípulo dun dos protagonistas corrompido polo inmenso poder dunha antiga reliquia, un arqueólogo que non naceu no ano dos medos, o seu sobriño (de tal tío tal sobriño), dous descendentes dunha antiga civilización chamada “ Os Antigos” que posúen unha máquina voadora semellante a un dirixible que se guía por ondas que emite un mineral chamado somium

Ambos os dous son dos libros que máis me engancharon dos moitos e moitos que lin na miña vida. É unha gran saga ben escrita e con unha boa historia. A min gustoume moito, recoméndoo.

Aquí vos deixo a ligazón da páxina oficial da saga, aínda apenas ten nada e está incompleta pero ten boa pinta. Vos días/noites e feliz primavera a todos.

Gabriel Ferreiro

Share