O Mundo Secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila

Esta é unha serie que consta de dous libros: O ladrón de soños e Un faro na escuridade. O primeiro libro trata da maxia, aínda existente, das civilizacións pasadas e do poder do amor. O segundo vai por un camiño moi diferente: surrealismo, fantasía, seres do pasado e poderes ocultos do noso interior.

Gustoume máis o segundo, é de acción máis continua e case sen descanso. Sempre que rematas unha páxina non sabes que vai ocorrer na seguinte. Os personaxes son canto menos estraños: un antigo discípulo dun dos protagonistas corrompido polo inmenso poder dunha antiga reliquia, un arqueólogo que non naceu no ano dos medos, o seu sobriño (de tal tío tal sobriño), dous descendentes dunha antiga civilización chamada “ Os Antigos” que posúen unha máquina voadora semellante a un dirixible que se guía por ondas que emite un mineral chamado somium

Ambos os dous son dos libros que máis me engancharon dos moitos e moitos que lin na miña vida. É unha gran saga ben escrita e con unha boa historia. A min gustoume moito, recoméndoo.

Aquí vos deixo a ligazón da páxina oficial da saga, aínda apenas ten nada e está incompleta pero ten boa pinta. Vos días/noites e feliz primavera a todos.

Gabriel Ferreiro

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

One thought on “O Mundo Secreto de Basilius Hoffman, de Fernando M. Cimadevila

  1. navygator

    Eu lin os dous libros da saga e paréceme moi vós. A diferenza do que din algunhas outras persoas que o leron gustoume máis o primeiro que o segundo. Se cadra porque era unha novidade, ou talvez polo grande equilibrio que ten entre documentación e ficción. Sexa como for, é unha serie ben recomendable

Deixar uma resposta