logo Certame Manuel Murguia de Arteijo

Finalizando o prazo para o Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

logo Certame de Narracións Breves Manuel MurguíaPara aquel@s interesad@s na narración breve en galego, lémbrovos que o 29 de febreiro finaliza o prazo para enviar ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía chega ao cabo. Este prestixioso certame, que despois de 25 anos de andaina me coubo a honra de coordinar, ten un ano máis as mellores expectativas na creatividade literaria do país.

Para quen non coñeza aínda as BASES, o Concello de Arteixo dispuxo unha páxina en que se detalla todo o necesario para participar, para alén de facer cumprida referencia ás persoas que neste primeiro cuarto de século gañaron, foron finalistas, xulgaron, organizaron, premiaron e colaboraron de diversos modos co Certame.

E por se alguén aínda non reparou, este é un dos premios que na Galiza respecta a normativa do texto, calquera que sexa. Porque a tolerancia gráfica permite a liberdade creativa, e a liberdade creativa é campo aberto para a inspiración.

Share

by

Alfredo Ferreiro nasceu na Corunha em 1969. Estudou Filologia Hispânica e iniciou-se na Teoria da literatura. É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua. Tem participado desde 90 em inúmeros recitais de poesia e colaborado em revistas galegas e portuguesas, entre elas Anto e Saudade, sob a direção de António José Queiroz. Na atualidade é membro do Grupo Surrealista Galego. Como crítico tem colaborado em publicações periódicas impressas como A Nosa Terra, @narquista (revista dos ateneus libertários galegos), Protexta (suplemento literário de Tempos Novos), Dorna e Grial, para além de em diversos projetos digitais. De 2008 a 2014 dirigiu, junto com Táti Mancebo, a plataforma de blogues Blogaliza. Desde 2006 é asíduo dos meios eletrónicos, em que se dedica à divulgação da literatura e do pensamento crítico. Atualmente colabora no jornais Praza Pública e Sermos Galiza. A inícios de 2014 fundou, junto com Táti Mancebo e Ramiro Torres, a revista digital de artes e letras Palavra comum, dirigida ao âmbito lusófono. Desde outubro de 2015 é coodenador do Certame Manuel Murguía de Narracións Breves de Arteixo.

2 thoughts on “Finalizando o prazo para o Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

  1. Lois

    Alucino como se poden coar neste ano 2016 novas destacadas deste blog de 2009, neste caso o premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro. Abres o do certame Manuel Murguía e aí aparece destacado: “Xosé Luís Martínez Pereiro recibiu o premio Repsol”. Pero como é posible semellante desfase de sete anos? Ou isto ten que ver co día da marmota?

    • Non é para alucinar, Lois, éche cousa do plugin que automaticamente relaciona este post con outros do mesmo blogue. Debe ser polas etiquetas comúns das dúas anotacións relativas ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.
      Agradezo o aviso, de calquera modo.

Deixar uma resposta