Tertulia con Xavier Alcalá

O 18 de maio de 2015 protagonizou a nosa tertulia o escritor Xavier Alcalá. A agradable discusión versou sobre a creación dos argumentos na novela histórica, é dicir, a literaturización de documentación e testemuños baseados en feitos reais.

Cfr. Blog en galego e blog en castelán do autor.

Share

Tertulia con Chelo Suárez

No pasado día 27 de abril de 2015 tivemos a honra de contar coa presenza da escritora Chelo Suárez Muíños. De primeira man contounos o seu proceso creativo e o nacemento da súa obra Os milagres de Cristamar, de inspiración coruñesa.

Share

Texto colectivo: cadáver exquisito 2

Los peores sueños caminan por la vida en el huerto ocre y seco
As árbores florecen e aman desesperadamente cazos e sarténs irisadas
Las naranjas verdeaban: huele y deshuele sobresaliente amanecer
Pestanas ao vento sabían a morte subidas a unha figueira
Medias naranjas racanean acompasadamente cantando desesperadamente
As serpes voadoras machucaban a herba: tempo de lectura

Share

Tertulia con Xabier P. Docampo

O luns 13 de abril contamos coa presenza de Xabier P. DoCampo, escritor ben coñecido que reside na nosa cidade. Grazas á súa amabilidade e ao interese que ten por coñecer os seus lectores tivemos a oportunidade de discutir con el abondosas cuestións sobre O libro das viaxes imaxinarias, da súa autoría en colaboración con o ilustrados Xosé Cobas, así como sobre a obra que lle serviu de inspiración, As cidades invisíveis, de Italo Calvino. Describiunos o seu proceso creativo, o plano de traballo da obra en cuestión e mesmo a conversa se dilatou con temas como o sentido gnóstico das viaxes, a morriña do emigrante e as grandes referencias universais sobre a literatura de viaxes. Ficamos moi agradecidos e satisfeitos coa súa visita ao noso obradoiro.

Share

Deixounos Herberto Helder

No pasado 23 de marzo faleceu Herberto Helder, un dos poetas ao que lle dedicamos parte do curso pasado. Na revista Palavra comum un grupo de poetas galegos, admiradores do madeirense, fixéronlle a sentida homenaxe que podedes ler aquí.

Share

Texto colectivo: cadáver exquisito

Nesta fermosa terra finxían os campos verdes
A noite estrelada plantaba allos e fabas cos cabelos ao vento
Cabalos estrambóticos faciamos que non viamos como lume violeta
En la fiesta de cumpleaños trabajaban y reían sangrientas guerras

Share