Tertulia con Daniel Asorey no Clube de Leitura de Arteixo

Tertulia con Daniel Asorey no Clube de Leitura de Arteixo: No martes pasado contamos na reunión periódica do Clube de Leitura de Arteixo coa presenza de Daniel Asorey, autor da última obra lida, Nordeste, publicada por Editorial Galaxia a teor do Premio Repsol de 2016. […]

Share

Clube de Leitura de Carral

Clube de Leitura de Carral: En 2018 recomezamos as reflexións arredor da literatura coas amigas, algunhas novas e outras antigas, na biblioteca do Concello de Carral. Se establecer novas relacións coa Vila dos Mártires foi um pracer para min ao lembrar o ámbito principal de vivencias da miña crianza, facelo mediante actividades vencelladas á literatura constitúe xa un auténtico privilexio. […]

Share

“A Lanterna Máxica” fíxonos falar no Club de Lectura de Arteixo

Share

Club de Lectura de Arteixo

Desde hai uns anos veño colaborando con algunhas institucións na coordinación de clubes de lectura. Coordinar, neste caso, significa tentar cubrir a falta de aparato teórico cando é necesario, dun modo intuitivo e sen entorpecer o natural percurso reflexivo sobre as obras literarias. […]

Share

Tertulia con Xavier Alcalá

O 18 de maio de 2015 protagonizou a nosa tertulia o escritor Xavier Alcalá. A agradable discusión versou sobre a creación dos argumentos na novela histórica, é dicir, a literaturización de documentación e testemuños baseados en feitos reais.

Cfr. Blog en galego e blog en castelán do autor.

Share

Tertulia con Chelo Suárez

No pasado día 27 de abril de 2015 tivemos a honra de contar coa presenza da escritora Chelo Suárez Muíños. De primeira man contounos o seu proceso creativo e o nacemento da súa obra Os milagres de Cristamar, de inspiración coruñesa.

Share

Texto colectivo: cadáver exquisito 2

Los peores sueños caminan por la vida en el huerto ocre y seco As árbores florecen e aman desesperadamente cazos e sarténs irisadas Las naranjas verdeaban: huele y deshuele sobresaliente amanecer Pestanas ao vento sabían a morte subidas a unha figueira Medias naranjas racanean acompasadamente cantando desesperadamente As serpes voadoras machucaban a herba: tempo de lectura

Share

Tertulia con Xabier P. Docampo

O luns 13 de abril contamos coa presenza de Xabier P. DoCampo, escritor ben coñecido que reside na nosa cidade. Grazas á súa amabilidade e ao interese que ten por coñecer os seus lectores tivemos a oportunidade de discutir con el abondosas cuestións sobre O libro das viaxes imaxinarias, da súa autoría en colaboración con o ilustrados Xosé Cobas, así como sobre a obra que lle serviu de inspiración, As cidades invisíveis, de Italo Calvino. Describiunos o seu proceso creativo, o plano de traballo da obra en cuestión e mesmo a conversa se dilatou con temas como o sentido gnóstico das viaxes, a morriña do emigrante e as grandes referencias universais sobre a literatura de viaxes. Ficamos moi agradecidos e satisfeitos coa súa visita ao noso obradoiro.

Share

Deixounos Herberto Helder

No pasado 23 de marzo faleceu Herberto Helder, un dos poetas ao que lle dedicamos parte do curso pasado. Na revista Palavra comum un grupo de poetas galegos, admiradores do madeirense, fixéronlle a sentida homenaxe que podedes ler aquí.

Share

Texto colectivo: cadáver exquisito

Nesta fermosa terra finxían os campos verdes A noite estrelada plantaba allos e fabas cos cabelos ao vento Cabalos estrambóticos faciamos que non viamos como lume violeta En la fiesta de cumpleaños trabajaban y reían sangrientas guerras

Share