Entrevista: Catherine François

Catherine François, por ela mesma

Catherine François, por ela mesma

Alfredo Ferreiro: Camiños baixo a auga é unha obra miscelánica en que observamos unha variedade de temas dispostos ao estilo das compilacións tradicionais das narrativas míticas. Como foi a factura dunha obra actual que destaca por un modo tan tradicional de contar historias?
Catherine François: Os antigos analistas chineses deixaron un testemuño incomparábel sobre a historia do seu país. Ao ler as fazañas e ensinamentos morais das súas personaxes, reparei en que moitos episodios podían dar lugar a historias interesantes. A selección final foi case involuntaria. Co tempo algúns episodios destacaban particularmente; os datos xeográficos, históricos, filosóficos, formaban un sedimento que serviu de base á narración. Tampouco me cuestionei darlle esta ou aquela forma. O que tiña claro é que non podía ser unha novela nen un ensaio. O primeiro tería suposto adoptar una visión demasiado persoal, o segundo prescindir da emoción que me empurrou a escribir.

A. F: As fazañas bélicas, as obras civís, as reflexións filosóficas, políticas e espirituais que narras á volta do Río Amarelo sen dúbida supuxeron un inxente traballo de documentación histórica…
C. F: Entre documentación e escritura, o traballo requiriu quince años. Parecía non ter fin, como tampouco o meu asombro ao ver até que punto todo estaba ligado. Por exemplo, os letrados chineses costumaban inscribir os seus poemas nun lenzo xa pintado. Os seus poemas tiñan como pano de fondo unha paisaxe cun valor moral, por ter sido a testemuña da xesta dunha personaxe histórica. Non se pode investigar nun só campo sen correr o risco de perder de vista a implicación que teñen na China antiga una imaxe, un verso e un nome propio. Read More

Share

Por fin A Coruña soa como nos nosos soños!

Despois de moitas vicisitudes e dous anos de traballo, aquela creatividade que naceu nas nosas mans de axentes culturais principiantes está a dar o froito desexado. O proxecto naceu na nosa casa, sen máis fundamento que a inspiración e a confianza en que as cousas ben feitas atopan o seu momento necesariamente. Isto, claro, xunto cun coñecemento da discografía do Gran Can que o erixía no portador do talento que precisabamos para xuntar os ingredientes de arte integral, intelecto, versatilidade e un espírito que entende o popular como cerne da cultura mellor acabada. A rúa e o conservatorio de música construídos coa mesma pedra. Read More

Share

O Levantador entrevista a Santiago Auserón

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=6745516833224064383&hl=es" flashvars="" width="320" height="240"/]

Temos o pracer de ofrecer a entrevista que Santiago Auserón nos concedeu apenas unhas horas antes da súa actuación en Compostela coa Original Jazz Orchestra do Taller de Músics de Barcelona, no sábado 20 de outubro.

Agradecidos polo seu interese en ter unhas palabras en primeira instancia para o Blogomillo, Read More

Share

Santiago Auserón falou para O levantador

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-7665443509380261861&hl=es" flashvars="" width="320" height="240"/]

Non vou repetir o que xa relataron Tati, Martin e a nai do Darío, e que tantos poderán contar despois de ter tratado persoas que teñen como obxectivo principal na vida cociñar o talento con suor para entregar ao público —é dicir, o común das xentes— a arte que nace despida no corazón. Read More

Share

Eu non son un canibal!

Prisión para o escritor que cometeu asasinato e levou o seu crime a unha novela: prescindamos por un momento do argumento desa novela. Sexamos capaces de esquecer o tema sanguinario que se nos presenta, e pensemos por un momento que pode ser substituído na nosa cabeza por un argumento de novela rosa, de fábula ou de familia azucarada e feliz que no final atopa o canciño perdido. O caso é que a novela usa un argumento copiado da realidade, transcrito de tal modo en palabras que sobresae fundamentalmente polo seu realismo debido á profusión de detalles nos motivos máis inesperados. É iso o que o lector valora, —e agora voltemos ao tema da noticia— xunto coas historias escabrosas, é claro.

Read More

Share