“Premios Xerais” 2017: alfaia do sistema literario

Mais un ano tivemos que agradecer a confianza de Edicións Xerais no noso traballo de emisión e crónica visual do ditame, entrega dos Premios e posterior romaría na Illa de San Simón, no bandullo da Ría de Vigo. Este foi o resumo de outro día memorábel para a literatura galega e, por extensión, para a nosa cultura no seu conxunto. Para visualizar o vídeo da entrega de premios e as outras 15 entrevistas que realizamos a pé de illa pódese visitar Xerais TV.

Dúas recomendacións obrigadas: a) a páxina do operador de cámara e editor de vídeo nesta ocasión, Aser Orbán; b) a audición da canción de D-Laxe “As túas mans”, recuperada do para nós tan emocionante disco A Coruña Son 08 (froito daquel obradoiro de canción popular que tivemos a honra de deseñar e producir en tres ocasións) que paso a subir de novo á web (con licenza CC:BY-NC-SA):

 

Share

A Coruña Son 09, parabéns!

A Coruña Son 09_equipo

Compositores, cantantes, músicos, presentadora, técnicos de son, dirección artística, dirección técnica… Parabéns!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7pJjbHch1Dg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Presentación do certame de canción popular A Coruña Son 09

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7oD07_7jHoI" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Presentación do certame de canción popular que terá lugar do 24 ao 28 de febreiro no Forum Metrolitano da Coruña. O concerto final será no Paraninfo da Universidade da Coruña o sábado 28, e será presentado por Uxía Senlle.

É unha actividade da Concellaría de Cultura e da Concellaría de Mocidade do Concello da Coruña. Conta coa dirección artística de Santiago Auserón e coa dirección técnica de Tati Mancebo, colaboradora deste blogue.

Share