Obradoiro de escritura creativa na Coruña: outono 2018

O obradoiro ofrecerase no próximo outono de 2018 no local da Asociación de Venciños de Oza, A Gaiteira, Os Castros.Obradoiro de escritura creativa

{Rede Oza}

Share

O Gran Can na Mardigras

Este é o vídeo que fixemos sobre a actuación de Juan Perro (acompañado de Joan Vinyals) do pasado día 5 de abril na sala Mardigras da Coruña. Unha noite inolvidábel grazas aos artistas e aos membros da organización, xente realmente amábel e competente.

 

Share

O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo

Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode ao meu íntimo cando lembro os esforzos e ilusións doutrora. Pasaron moitos anos desde que, nos distantes anos noventa, ofreciamos recitais como o froito maduro de interminábeis conversas nocturnas sobre anarquismo, nacionalismo, lusismo, esoterismo, tradición e vanguarda, todo isto aplicado desde o corazón para un país que amábamos e necesitábamos mudar.  Estas son algunhas referencias gráficas que puiden rescatar:

Share

Presentación de Verde oliva na Feira do libro da Coruña

Este foi o vídeo que gravamos para Xavier Alcalá durante a Feira do libro da Coruña, este ano.

Share

Charla de Tati Mancebo sobre os eReaders nas Bibliotecas Municipais da Coruña

«Esta tarde [onte] na Biblioteca Municipal de Monte Alto tivo lugar unha charla sobre o libro electrónico e os seus dispositivos de lectura impartida por Tati Mancebo, que buscaba ilustrar aos asistentes sobre a historia e evolución do libro electrónico, os dispositivos de lectura que podemos atopar no mercado e a evolución que está a ter o sector da edición dixital, estando dispoñibles durante o evento distintos trebellos para que o público puidese probalos de primeira man, facilitando a súa futura elección de eReader.
Tati Mancebo explicou a longa vida que teñen os e-books e os distintos formatos existentes, que aínda que nun momento tendesen aos documentos PDF, na actualidade publícanse en formatos máis axeitados coma o EPUB ou o Mobipocket, aínda que este baile de formatos acompañado polo uso de tecnoloxías DRM están supor un atranco na normalización do uso de eReaders, posto que os textos que podemos adquirir non son compatibles con todos os dispositivos de lectura. Repasando os trebellos dispoñibles, Mancebo amosou as vantaxes da tecnoloxía de E Ink (destacando a súa autonomía), o reducido prezo dos lectores baseados en pantallas TFT, a posibilidade de ler no ordenador e no móbil e a forza coa que están a chegar ao mercado os tablets como dispositivos de lectura. Grazas a este repaso de hardware, parece que quedou claro que os libros electrónicos poden chegar ao público de moitos xeitos, podendo elixir cadaquén o que lles resulte máis cómodo […]» [Ler máis en Código Cero]

Share

Culturgal 2009

Este é o texto do correo que acabo de enviar ás case 700 persoas que se uniron ao grupo desde que se creou, o venres pasado. Realmente, dada a resposta, Facebook facíase pequeno, sobre todo porque é unha rede pechada na que non está todo o mundo. Por iso abrimos hoxe un blogue. Mais a información está toda no correo que aquí deixo:

“É fantástico ver o ben que podemos organizarnos cando temos motivos. Xa somos case 700 membros no grupo Queremos Culturgal09! Acabamos de abrir o blogue oficial da plataforma en Blogaliza:  http://queremoscultura.blogaliza.org
Agora, se dispós dun tempiño e ganas de dedicalo a colaborar para que Culturgal 09 sexa unha realidade, é moi importante que cubras o formulario que atoparás no blogue:
http://queremoscultura.blogaliza.org/con…
No blogue poderás ver en tempo real as estatísticas de colaboracións ofrecidas e todas as noticias relacionadas co Culturgal que vaian aparecendo. Tamén incluímos un resumo das conversas que tivemos desde venres até hoxe coa Asociación de Editores e coa Concelleira de Cultura do Concello da Coruña.
Lembra que non podemos nin debemos traspasar os membros deste grupo ao blogue, senón que debe ser cadaquén, a título individual, quen se una á plataforma a través do formulario do blogue.
Vémonos alí!
Unha última cousa: o blogue é xa público, polo que, se queres contribuír a difundir a súa existencia, será xenial que o fagas. É moi importante que cheguemos a todas as persoas que poidan estar interesadas.
Se precisas algunha aclaración sobre calquera dos puntos, podes facela tamén directamente nos comentarios do blogue, sobre todo porque fican á vista de calquera persoa que o visite, e porque deste modo non é preciso responder varias veces ás mesmas preguntas.
A cultura que queremos!”

Tati Mancebo

Share