Xavier Queipo versificou en galego a Constitución Europea

O pasado 27 de Marzo presentouse en Bruxelas, no Teatro Flagey a Constitución Europea en verso, traballo de 52 poetas europeos e 70 tradutores, que a partir de máis de 20 linguas contribuíron ás versións definitivas en inglés, francés e neerlandés, linguas de uso común na capital de Europa. Entre os poetas estaba Xavier Queipo, que leu en galego a súa contribución ao texto. Por toda a cidade, como incitación á lectura e como parte do festival literario Passaporta, había enormes paneis que reproducían mensaxes dos escritores, entre eles estes dous de Xavier Queipo, en francés, que estiveron a aínda están expostos polas rúas de Bruxelas. Un escritor galego do mundo, compartindo cancha con Carlos Fuentes e Antonio Gamoneda, con Zoé Valdés e Olivier Roland, con Vila-Matas e Jean Darras. Para que logo digan que o galego non está no mundo.

(Mont des Arts, Bruxelas)

(Con Antonio Gamoneda no Teatro Flagey, Bruxelas)

(La Monaie, Bruxelas)

Nota: os contidos deste post chegaron a nós grazas á cumplicidade do amigo Xavier Alcalá; as fotos son de Adolfo Tomé.

.

Share

Antonio Gamoneda

Antonio Gamoneda Antonio Gamoneda: “La finalidad de la poesía es la creación de placer y la creación de un conocimiento distinto del que proporciona el pensamiento reflexivo, por ejemplo, es de otra naturaleza. En la poesía siempre hay un estímulo de naturaleza musical, rítmico. Son las palabras las que se relacionan con una ordenación rítmica y esas palabras son el comienzo poético” (El País, 1/12/2006). Seu pai morreu cando tiña un ano e deixou un libro de versos modernistas. Era o único libro da casa, e con el aprendeu a ler. Logo veu unha vida de miseria, traballo e pobreza. As súa obra, despois de xermolar durante lustros na periferia, só nos últimos anos atinxe o merecemento debido. Escribe coas mans despidas lindas imaxes provenientes de sensacións sinxelas, que son trenzadas e retorcidas como para sacarlles a auga toda, para mostrar unha sorte de humildade destilada:

“La desaparición envuelve la ceniza de mi rostro. En los barnices coagulados por la tristeza, hallo espinas inmóviles y los encajes crujen en mis manos. He aquí los guantes, he aquí el olor de mi madre y las huellas de los cartílagos que ardían en el calcio.

Hai lienzos endurecidos bajo hierros. Su blancura es mortal. En las fotografías

huyen amantes amarillos. Hay

cabellos adheridos a las sombras. Siento

sortijas frías en mis párpados.

Cierto: la verdad es un armario lleno de sombra.”

De Arden las pérdidas (in Esta luz. Poesía reunida (1947-2004))

Share