O surrealismo portugués perto de nós

 

Galicia Hoxe: «Os artistas Mário Cesariny e Artur Cruzeiro Seixas, representantes históricos do surrealismo portugués, expoñen dende onte na compostelá Casa da Parra unha selección da súa obra na mostra Benvidos a Elsinore. […]».Nada me interesou tanto en poesía como o surrealismo portugués. Este ano visitei as terras do Tâmega de tiven a oportunidade de ollar as casas de Teixeira de Pascoaes, António Nobre e Artur Cruzeiro Seixas. Deste último poden desfrutarse varias obras no Museu de Amarante, ao que tan oportunamente nos guiou este verán o amigo António José Queirós. Teño pendente ofrecervos unha reportaxe daquela inesquecíbel visita.
Share

«Terra», de Alfredo Ferreiro, na derradeira Saudade

As minhas mãos têm a idade do universo

TERRA

Tudo haverá de acabar
onde tudo começou.
Eu próprio, que era apenas
um espírito sem carne,
só pelo sangue da terra
me consegui encarnar.
A ela devo tudo,
por isso a ela consagro
as mãos de ferreiro e camponês
que me entregou a família.
As mãos que de facto são
instrumento sagrado do coração,
as mesmas mãos
que seguram e esganam
o triste fantoche
com que brinca o destino.

Tenho terra nas unhas desde sempre,
terra velha que o poeta datou
no princípio do universo.
O deus que brincava com barro
e que sua mãe repreendia
pelas manchas que fazia no mundo,
esse deus a mim me criou
de um gesto fortuito,
de uma nódoa,
e para sempre fui
uma palavra perdida no infinito.

E vocês, instrumentos na procura
do certo afinador,
não veis a terra que pisais,
a terra que alberga o mundo,
a terra que vos aguarda
no retorno ao calor inicial?
Acarinhai a terra com as vossas mãos.
Nada há, viageiros, aquém e além,
salvo um caminho por desenhar
sobre a barriga maternal da terra.

Alfredo Ferreiro

Este ano, cun número tan simbólico como o 12, despídese a revista Saudade para sempre. Comandada polo amigo António José Queirós, contaba entre os redactores Amadeu Baptista, António Cândido Franco, Henrique Monteiro, Luís Amaro e Sérgio Pereira, todos eles, com mais e menos idade, nomes moi representativos da actual poesía portuguesa.

Foi un proxecto, como todos os do Queirós, caracterizado polo maior amor á lusofonía, en que á par dos mais os galegos sempre tivemos un espazo por dereito propio; algo que se torna consuetudinario grazas a actitudes fraternas como as do amigo de Vila Meã.

Neste último número, en que se nos propuxo como tema a “terra”, á par do Xosé Lois García e dos nomes xa citados publícanse poemas de Ana Luísa Amaral, Armando Silva Carvalho, Fernando Guimarães, Jorge Velhote, Maria Teresa Horta, Nuno Júdice, Vasco Graça Moura e Rosa Alice Branco, entre moitos máis.

Share

A revista Saudade

Saudade1.jpg

Da man do amigo António José Queirós, o seu director, chégame o número 7 (2005) da revista portuguesa Saudade, proxecto patentemente universalista entregado á poesía. Nacida en Amarante, ten ofrecido asento a autores de moi variada xeografía: portugueses, galegos, brasileiros, franceses, hondureños, colombianos, arxentinos, españois, polacos, haitianos, cabo verdianos, suízos, romenos. Entre os galegos figuran Xosé Lois García, José António Lozano, Xoán Neira, Carlos Quiroga, José Ángel Valente (texto traducido para portugués por Amadeu Baptista), César Antonio Molina (en castelán), Xosé María Álvarez Cáccamo e quen isto escribe. Proxecto continuador da magnífica revista Anto, dedicada con esmero á figura do poeta António Nobre, esta publicación demostra tanta pericia editora e iguais dignidade e mestría na divulgación da poesía. En breve virá á luz o número 8, do que daremos noticia na altura.

Share