Conteúdos digitais

Fotografia Conteúdos digitais por Alfredo Ferreiro. Bruxelas, 2015.

Fotografia “Conteúdos digitais” por Alfredo Ferreiro. Bruxelas, 2015. […]

Share

Xavier Queipo versificou en galego a Constitución Europea

O pasado 27 de Marzo presentouse en Bruxelas, no Teatro Flagey a Constitución Europea en verso, traballo de 52 poetas europeos e 70 tradutores, que a partir de máis de 20 linguas contribuíron ás versións definitivas en inglés, francés e neerlandés, linguas de uso común na capital de Europa. Entre os poetas estaba Xavier Queipo, que leu en galego a súa contribución ao texto. Por toda a cidade, como incitación á lectura e como parte do festival literario Passaporta, había enormes paneis que reproducían mensaxes dos escritores, entre eles estes dous de Xavier Queipo, en francés, que estiveron a aínda están expostos polas rúas de Bruxelas. Un escritor galego do mundo, compartindo cancha con Carlos Fuentes e Antonio Gamoneda, con Zoé Valdés e Olivier Roland, con Vila-Matas e Jean Darras. Para que logo digan que o galego non está no mundo.

(Mont des Arts, Bruxelas)

(Con Antonio Gamoneda no Teatro Flagey, Bruxelas)

(La Monaie, Bruxelas)

Nota: os contidos deste post chegaron a nós grazas á cumplicidade do amigo Xavier Alcalá; as fotos son de Adolfo Tomé.

.

Share