Presentación do libro “A secreta melancolía da garza” e Bases do 29º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

14 de novembro, xoves, no auditorio do Centro Cívico e Cultural ás 20:00 hs.

Arredor do libro, colectánea dos relatos vencedores nos tres últimos anos do Certame, será establecida unha tertulia pública que contará coa presenza de José António Lozano, Mercedes Leobalde e Tiago Alves Costa, persoas gañadoras dos últimos tres anos, do Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, do deputado de Cultura da Deputación da Coruña Xurxo Couto e do escritor Xavier Alcalá, que representará á Editorial Galaxia.

No mesmo acto, o director literario do Certame, Alfredo Ferreiro e o Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, farán públicas as bases da 29ª edición do Certame.

Share

Premiados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

O pasado xoves 9 de maio, celebrouse a cerimonia de entrega de premios ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo e contou coa actuación de Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín, ademais de cunha representación do xurado e varias personalidades institucionais

Foto: Dirección Xeral de Política Lingüística

O xurado composto por Charo Pita Villares (gañadora da 27ª edición), Inmaculada Otero Varela (representante da Asociación Galega da Crítica), Xabier López López (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), reunido o pasado 27 de abril, decidiu por maioría conceder os tres premios ás seguintes obras:

1º. A casa das Castrouteiro, de Daniel Barral Calvo

2º. A idade do escarnio, de Tito Pérez Pérez

3º. Crónica de ningures, de Francisco Rozados Rivas

De todos os relatos recibidos, case setenta foran admitidos a concurso por cumpriren estritamente as bases.

A coordinación agradeceu un ano máis a presenza no xurado dun membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como outro da Asociación Galega da Crítica, feito que contribúe a alicerzar o rigor do Certame no contexto sistema literario galego. Entregaron os premios Ana Bello Vázquez, concelleira de Cultura e Festas, Valentín García Gómez, Secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Carlos Calvelo Martínez, alcalde do Concello de Arteixo.

Foto: Graciela Rabuña

O acto de entrega, presentado por Alfredo Ferreiro, ofreceu ademais a actuación Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín, co seu espectáculo “Os contos de Joselín” e unha lembranza de Antón Fraguas, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. En canto á ambientación da gala, o Servizo Municipal de Cultura e Festas, comandado por Sonia Iglesias, deseñou unha recreación libre da casa en que naceu Manuel Murguía, no Froxel, contando coas artes florais de Richar del Toro e a profesionalidade habitual do equipo técnico do auditorio. Rematado o acto, ofreceuse un viño de honra como fin de festa.

Cf: arteixo.org

Share