Vencedores no Certame de Narrações Breves Manuel Murguia de Arteijo

No passado 11 de maio, celebrou-se a cerimónia de entrega de prémios às 20:00 hs no Centro Cívico e Cultural de Arteijo.

O júri, composto por Begoña Paz (escritora e representante da Associação de Escritoras e Escritores en Língua Galega), Mario Regueira (crítico literário representante da Asociação Galega da Crítica), Teresa Moure (escritora vencedora na 26ª edição) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordenador, que assistiu como secretário, com voz e sem voto), decidiu por maioria conceder os três prémios nas seguintes obras finalistas:

1. Primeiro premio, consistente en 4000 euros e a publicación da obra, ao relato Bochorno, de Charo Pita.

2. Segundo prémio, com 500 euros e a publicação da obra, ao relato A porta do Reconhecimento, de Tiago Alves Costa.

3. Terceiro prémio, com 300 euros e a publicação da obra, ao relato Unha praia na Polinesia, de Mercedes Leobalde García.

De todos os relatos recebidos, 63 foram admitidos a concurso por cumprirem estritamente as bases.

A coordenação agradece mais um ano a presença no júri de um membro da Associação de Escritoras e Escritores em Língua Galega, assim como outro da Associação Galega da Crítica, facto que contribui a alicerçar o rigor do Certame no contexto sistema literário galego.

O evento de entrega ofereceeu outros atrativos para todas as assistentes: a atuação musical de Aida Saco Beiroa, compositora que interpretou a piano peças do seu disco Atmosferas; ao mesmo tempo, o humorista gráfico Luís Davila deleitou o público com os seus desenhos projetados ao vivo. Como fim de festa ofereceu-se um vinho de honra.

Incluiu, aliás, uma lembrança da figura de María Victoria Moreno, escritora homenageada este ano no Dia das Letras Galegas. O coordenador literário, Alfredo Ferreiro, foi o apresentador do evento.

Contato: Alfredo Ferreiro, coordenador literário do Certame. Telefone: 609653176

Vd. Apartado da web municipal sobre o Certame.

{Palavra Comum}

Share

Día Mundial da Poesía en Arteixo 2018

Recital 23 marzo 2018 Dia Poesia Arteixo por Isabel Maturana

Foto: Isabel Maturana

Por segundo ano tiven a honra de poder organizar un recital en Arteixo con motivo do Día Mundial da Poesía. Contamos, como o ano pasado, con poetas e poetisas (e poetas e poetisos) do instituto Manuel Murguía de Arteixo, así como con nomes de fóra do Concello. Acompañáronnos, como na anterior ocasión, dous intérpretes da Escola de Música (frauta traveseira e guitarra). E houben de agradecer o compromiso crecente coa poesía por parte da Concellaría de Cultura, e en particular á concelleira Ana Bello e ao equipo do Servizo Municipal de Cultura comandado por Sonia Iglesias; mais tamén a imprescindible colaboración de Isabel Maturana (IES Manuel Murguía) e Víctor Iglesias (Escola de Música), sen os cales non atoparía @s magnífic@s poetas e intérpretes locais.

O elenco foi o seguinte: Mario Dans (guitarra), Lara Boedo, Hugo Herrador, Andrés González, David Sánchez, Sergio Terceiro, Sofía Castro (frauta traveseira), Rosalía Rodríguez, Pablo Bouza, Tiago Alves, Estíbaliz Espinosa (aínda que ausente por motivos persoais textos seus foron lidos por min), Manuel Álvarez (tamén lin un texto deste autor cubano-galego) e Alfredo Ferreiro.

Lembro con moito cariño os meus primeiros recitais, no final da adolescencia, arrimado aos que eu consideraba xa figuras consolidadas da poesía galega. Pasaron xa trinta anos e vai sendo hora de facer polos novos aquilo que outr@s fixeron por nós. Sempre agradecerei a complicidade de Xavier Seoane e a atención de Pilar Pallarés cando a miña primeira publicación de poemas, naquela mítica Luzes de Galiza. Así se comeza, e así, hoxe, dando a man a outr@s, se agradece aquela axuda.

Share

“Certame de narracións breves Manuel Murguía de Arteixo”: até o 15 de febreiro

Cf. Bases do Certame.

Share

27º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

Por terceiro ano entraremos de cheo na coordinación do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo, que en 2018 atinxirá a 27ª edición:

Os relatos [entre 15 e 30 páxinas] deben ser orixinais e inéditos (non publicitados en ningún soporte, físico ou dixital) escritos en lingua galega, enviados baixo plica antes do 15 de febreiro próximo e cumprindo todas as condicións estipuladas nas Bases (PDF).

Os premios: O primeiro dotado con 4.000,00 €, o segundo con 500,00 € e o terceiro con 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención.

Información: Para dúbidas pódese chamar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org“.

*

Advertência: Lembrai, autor@s em galego de todo o mundo, que este prémio advoga pela tolerância gráfica desde a sua fundação há mais de 25 anos, o que garante a liberdade criativa e a ausência de critérios político-linguísticos na valorização das obras apresentadas. Esta atitude socialmente inclusiva do ponto de vista linguístico é algo que nos orgulha especialmente e gostávamos fosse um exemplo a seguir por todos os prémios literários do país.

Alfredo Ferreiro
Coordenador do Certame

Share