Manifesto Achegarte 2011

«Entendemos que a cultura galega é a que facemos entre todas as persoas que creamos, vehiculamos e desfrutamos os bens culturais do noso país na nosa lingua. A única en Galiza que crea estilos e redes e público interesado en seguir o seu percurso. A cultura en español é cultura española e a súa incidencia na sociedade galega non é propia, senón que lle vén prestada de Madrid, onde loxicamente desexan triunfar os seus creadores e creadoras.

A cultura galega, por estar nunha situación de desvantaxe con respecto á española, debe ser claramente apoiada desde a administración autonómica, como ben entenden desde hai moito tempo os nosos irmáns de Euskadi e de Cataluña.

Esiximos da administración autonómica o apoio sen reservas á produción, á distribución, á promoción, á internacionalización e á construción de redes, mais tamén ao cultivo do tecido cultural de base, como garantía de continuidade.

A cultura galega está a vivir un momento de efervescencia creativa, en rápida adaptación á era dixital. Nunca tanto e tan bo houbo, mais nunca a situación das industrias culturais foi tan precaria como a actual.

Como parte significativa da cidadanía que somos, esiximos un contorno amábel e sustentábel para todas as persoas que queremos vivir e educar os nosos fillos e as nosas fillas en galego: ir ao teatro en galego, ler literatura en galego ou escoitar música en galego, e até facer da cultura a nosa profesión, no noso país.

A forza do noso amor non pode ser inútil.

Organicémonos e esixamos o que en xustiza nos corresponde.» [Vía Achegarte11 | —] [Máis información en culturagalega.org]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/vZVNKrUCgJM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

AchegArte: a alternativa ao Culturgal que Xunta abortou

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/uiPjXY2zULY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

II Encontro Cidade da Coruña: Marilar Aleixandre e Teresa Moure

Con estes vídeos divúlganse as intervencións finais do II Encontro Cidade da Coruña, celebrado na Real Academia Galega con organización da AELG e promoción e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. Despois de ter asistido á catro sesións do evento resulta evidente que estas perspectivas son das máis relevantes na renovación socioliteraria actual.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/y_6dSx80kIc" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JnjDrDSVoRI" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

II Encontro Cidade da Coruña: Elena Poniatowska

Non repetirei o que xa escribín sobre Elena. Só direi que fiquei conmocionado, e a duras penas conseguín centrarme na gravación para que o material fose dalgunha utilidade a Maribel Úbeda, quen tivo a encomenda de editar os vídeos da AELG que mostramos a seguir.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/75wtLeRM_U8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TOn9WNkwIN8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share

Premios AELG 2009

O sábado pasado acudimos á Cea das Letras da AELG en Compostela, onde se entregaron os premios concedidos pola Asociación de Escritores a conta dos votos maioritarios dos propios socios, que escollemos cada ano as obras que máis merecen ser resaltadas dentro das publicadas no ano anterior. O sistema de votación deste ano, cun procedemento simple e en liña, facilitou moito máis a participación na elección.

Na literatura infantil e xuvenil gañou Xabier P. DoCampo, un amigo que o ano pasado apostou por un libro de xénero híbrido entre o narrativo e o poético, en paralelo ás ilustracións de Xosé Cobas, entre o figurativo e o abstracto, entre o realista das notas de campo do viaxeiro e a experiencia onírica de toda verdadeira inspiración.

Na poesía o escritor Xulio L. Valcárcel apañou o premio por unha obra en que os corpos se dilúen na líquida melancolía que pinga de todo aquilo que foi vivido, de todo aquilo sobre o que navegamos no presente até que atinximos unha terra futura que inevitabelmente se ha de perder entre os nosos dedos, licuada e gardada para sempre na garrafa da memoria.

No novo apartado de premio ao blogue literario, para o que este mesmo estaba nominado, gañou o de Marcos Valcárcel, un home de dilatado compromiso coa cultura e incontestábel mérito na web. Un home a quen foi un pracer saudar por primeira vez en persoa, e por quen manifesto publicamente a miña admiración.

Canto ao Premio de Escritora Galega Universal, só podemos dicir que a humildade de Elena Poniatowska só pode ser superada pola súa habilidade para falar con economía verbal e total precisión emotiva. A súa é unha mestría difícil de igualar. Eu viña de escoitala no día anterior durante o II Encontro Cidade da Coruña (que a AELG ofrecerá en breve na rede), na RAG, e por iso non me sorprendeu que comezase o seu discurso dicindo que era evidente que o seu corpo tras o atril e o micrófono non sobresaía porque ela mesma non abultaba máis do que “un perro sentado”. É a facilidade que ela ten para falar desde o “cero vaidoso”, para entregarse logo a denunciar as inxustizas que cada día padecen os que andan descalzos na procura do pan, as que entregan a pel na fábrica para logo lles seren roubadas as vidas que duramente arrastran no anoitecer. O escritor non importa, o escritor non ten face, o seu corpo non vale máis do que un can sentado. Mais a obra, aquilo que se destila do interior e debe inocular unha humanidade que penetre as consciencias, aquilo que debe ser escrito con amor polos mais, é o que realmente importa. Porque a obra para algunhas autoras como Elena non debe ser lastrada coas carnes de quen a escribe.

Na nosa mesa partillamos a alegría polos premiados outros nominados daquela noite. Eduardo Estévez, polo seu poemario Construcións, e María Isabel García Fernández, pola tradución d’ O xiro postal.

Durante a cea, o carácter vangardista de Tati Mancebo fixo que se lanzase nunha nova aventura comunicativa. Apañou o seu móbel e, tal como tiña previsto, emitiu ao vivo o ditame dos premios da AELG através do novo portal da Blogaliza. Os resultados foron estes:

Share

II Encontros Cidade da Coruña

Hoxe estaremos asistiremos aos II Encontros Cidade da Coruña, a desenvolverse na Sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), sempre ás 20.00, baixo o lema “Mulleres na Literatura”. Contarán coa presenza das escritoras María Reimóndez (24 de abril), Elena Poniatowska (8 de maio), Marilar Aleixandre (15 de maio) e Teresa Moure (22 de maio).

Share

A Coruña Son 09, parabéns!

A Coruña Son 09_equipo

Compositores, cantantes, músicos, presentadora, técnicos de son, dirección artística, dirección técnica… Parabéns!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/7pJjbHch1Dg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Share