Foto de presentação do 82 congresso do Pen Club internacional em Ourense

Jaureguizar sobre o congresso do Pen: “Uns señores e unhas señoras mantidos”

Jaureguizar: «[…] O domingo pasado estiven tratando de informarme dos debates e das decisións que se tomaran no 82º Congreso do PEN Internacional, que se celebrou en Ourense. Non era nada persoal, soamente curiosidade de contribuínte. Toda a noticia que recibimos no xornal foron unhas fotografías duns señores e dunhas señoras mantidos, que sorrían o seu agradecemento á restauración ourensá, pero non atopei nin un mísero resumo dunha conferencia. O congreso pasou por internet de modo limpo e inane. Acordaran falar sobre a liberdade de expresión no mundo, pero nin Raúl Castro de Cuba nin Mohamed VI de Marrocos poden saber a que escritores deben liberar se ninguén os informa […]». {Cfr. El Progreso: “Non levamos pistola á xuntanza familiar”}

Também se pode dizer que, se bem semelha que acudiram mais de duzentas pessoas, o número de autores e autoras conhecidas galegas não parece passar da meia dúzia, se contarmos —exceção feita dos membros da diretiva— as pessoas observadas em mesas, atuações e palestras (cfr. Programa congresso Pen 2016 em PDF e referências abaixo). Por isso não nos admira que, nesta escasseza, chegássemos a saber que destacados escritores galegos de Ourense nem foram convidados ao evento. Paradoxalmente, cabe ressaltar que não poucas foram as instituições galegas promotoras do evento: Deputación de Ourense, Concello de Ourense e Xunta de Galicia.

Cfr. Joanne Leedom-Ackerman: Building Literary Bridges: Past and Present

Cfr. Heunggongyan: Writing and Freedom

Cfr. PEN CLUB – Vimeo from caprichodigital on Vimeo.

Cfr. TVG2: “Clausurado en Ourense o Congreso do Pen Internacional”

Cfr. La Voz de Galicia: “Galicia como escenario y conexión literaria”

Cfr. El Correo Gallego: “Kätlin Kaldmaa, secretaria internacional do PEN Club”

Cfr. CRTVG: “Congreso do Pen Internacional en Ourense”

Cfr. HD&T: “Inaugurado o 82º Congreso do PEN Internacional en Ourense”

Cfr. Deputación de Ourense: Inauguración do 82º Congreso do PEN Internacional, no Teatro Principal”

Cfr. Galicia24Horas: “O 82 Congreso do PEN Internacional acolle en Ourense a mostra “Libertas””

 

[Artigo também publicado em Laduda.net.]

Share
Pen Club Congress Ourense

Membros do Centro Pen Galicia buscam amparo no Pen International (laduda.net)

Ainda que nós nada novo tenhamos a dizer sobre o particular, semelha que os movimentos de revolta continuam a turbar, ou se quadrar prentender aclarar, as contas e os métodos de trabalho do Centro Pen Galicia:

«LD / Un grupo de escritores asociados ao Pen Clube de Galicia, encabezados por Xavier Alcalá, ven de dirixirse á directiva do Pen International para pedir o seu “amparo” ante as irregularidades que, segundo denuncian, tense producido o pasado mes de febreiro no proceso de elección da executiva da filial galega do centro, dirixida polo poeta Luis González Tosar. Eses feitos, na súa opinión, poden poñer en risco a celebración do congreso que a asociación internacional de escritores prevé celebrar en Ourense o próximo outono.

Tras unha conversa telefónica e nunha longa mensaxe por email enviada ao director executivo do Pen International, Carles Torner, e ao director literario da organización, James Tennant, Alcalá pide o seu “amparo”antes de “xudicializar” un conflito que, ao seu xuízo “pode levar aos escollos do escándalo non só a lancha do centro Pen galego senon ao propio buque do Pen International”.

Tal e como publicou La Duda en varios artigos aos que se pode acceder ao final deste texto, o proceso de escolla do centro galego da organización estivo batuxado de numerosas irregularidades: en primeiro lugar, porque nos seus vinte anos de existencia incumpríuse reiteradamente a regra que obriga a convocar eleccións cada catro anos. En segundo lugar, porque a asamblea convocouse ás presas e cun escaso prazo que impedíu na práctica que se presentaran candidaturas alternativas á de Tosar. E como terceiro engadido, porque esa posibilidade tampouco podería terse producido xa que, por riba, a directiva non facilitou o censo de membros do clube aos asociados que o solicitaron. A listaxe non figura na web do clube, que ten a súa sede nun edificio propiedade da Xunta de Galicia (o número 30 da Casa da Parra, en Santiago), onde ninguén atendeu en tempo e forma ás citadas e reiteradas peticións (o último burofax enviado foi recollido o día despois do peche da recepción de candidaturas).

Finalmente, na asemblea, celebrada o 20 de febreiro resultou elixida unha lista que aparecen vocais que non estaban, e desaparecen outros  que sí figuraban na lista para a que Tosar solicitou o apoio por carta, instando aos socios que non ían asistir á xuntanza que delegaran nel o seu voto. O quorum da cita foi paupérrimo e como para replantexarse a lexitimidade do acordado: acudiron 13 personas e só outras 13 delegaron o voto. E foron estes últimos os que, ao facelo, elixiron a uns representantes distintos aos que tiñan pensado elixir. […]»

{Membros do Pen Clube piden “amparo” á directiva do Pen International polas irregularidades do centro galego – laduda.net}

Atualização 23/05/2016: LA REGIÓN: “Recepción de Baltar a la presidenta del Pen Club Internacional“; TELEMIÑO OURENSE: “Recepción Baltar presidenta Pen Club Internacional“; TELEMIÑO: “Recepción Baltar presidenta Pen Club Internacional“; LA VOZ DE GALICIA: «El congreso analizará la violencia contra las mujeres y la censura».

Share
PEN Galicia en Ourense

Por que calamos @s escritor@s?

centropen_congresointernacionalLeo en La Región que un congreso do Pen Internacional reunirá máis de douscentos escritores de todo o mundo en Ourense no próximo outono. E non dou crédito.

Non teño nada en contra do Centro Pen Galicia, que nunca nada me pediu nin eu a el me presentei, nin contra contra a súa directiva, que nada me debe e ningún mal me fixo. Mais, se ben me alegro de que en Ourense se vaia celebrar un fastuoso evento literario, que aplaudo con vehemencia, outras consideracións, por comparación, me amargan a festa. Polo que creo saber, o Centro Pen é un clube selecto ao que só se entra por convite dunha elite de socios e non mediante un procedemento democrático aberto a todos os cidadáns; que recibe importantes apoios financeiros dos gobernos para eventos e publicacións nunha época de inanición cultural; e que non existe un modo claro de chegar a saber quen pertence a el, nin quen forma a súa directiva, nin cando se renova esta, nin que obxectivos ten, nin de que recursos dispón. Polo que teño ouvido, son menos de 100 membros, mais non coñezo ningún sitio onde poder consultalo na web. É, polo que parece, un clube moi apoiado institucionalmente mais de funcionamento opaco e caprichoso.

Polo contrario, os que pertencemos á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e nos preocupamos por saber do seu funcionamento, sabemos que é unha organización asemblearia que informa puntualmente todos os socios das súas contas e actividades, que convoca periodicamente e conforme os estatutos as pertinentes votacións para mudar a directiva e que dispón dun procedemento debidamente publicitado para que todas as cidadás calculen se serán admitidas no seu seo mediante requisitos obxectivos. Como resulta evidente, inviste unha parte importante dos seus recursos en divulgar as actividades da asociación así como as dos seus membros, con clara vontade de transparencia perante as súas máis de 400 soci@s. Se o cidadán quere coñecer os seus obxectivos e actividades só ten que acudir á súa web e á súa axenda cultural. No entanto, a AELG cada ano que pasa ve mais minguadas as axudas do goberno autonómico, e navega como pode nunha crise que, como xa imos vendo na política de todo o Estado Español, deixa coxos uns e leva en andas outros.

Dicía que non daba crédito a esta situación, e isto é debido a un silencio abafante perante o que semella un moi inxusto reparto dos recursos. Existindo neste pequeno país tantos escritores comprometidos, ecuánimes plumas sempre ávidas para a denuncia, espíritos incorruptíbeis perante o poder, paladíns das causas humanitarias e, na inmensa maioría dos casos, funcionarios ou traballadores que non arriscan o pan con manifestos políticos e protestas públicas, por que calan se saben moito máis ca min daquilo que calquera pode intuír? Será que somos mais mundanos e vaidosos os escritores galegos do que se recoñece, e que no fondo só ansiamos que nos conviden ao mellor evento do ano? Lembro, non hai moito, un día en que non puiden calar, porque me tocou de perto, perante unha deplorábel antoloxía de poesía galega en castelán. Cando non puiden máis, falei aínda que todo o mundo calaba. Só dúas persoas se dirixiron a min: unha, para desculpar os erros do antologador de orixe galega mais de perspectiva mesetaria; outra, para darme a razón, só en privado, pousando a súa man agridoce no meu ombro. Lembro tamén cando Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega; aí sentín que se aínda existía o meu pobo era por persoas así.

Día tras día vexo como @s mais ousad@s do sistema literario se comprometen con causa xustificada e erguen bandeiras vellas e novas contra a inxustiza. Mais por que, na discriminación que semella sufrir a AELG, calan perante a invisibilización da maioría democrática do seu gremio? Por que baixan as orellas perante o desprezo da súa asociación profesional mentres ven como un clube privado se beneficia de modo se cadra opaco dos recursos públicos? Consenten? Entón todo ben está, e o rei camiña nu mentres todos lle louvamos o traxe.

Estou certo de que estes comentarios meus molestarán a uns, se cadra mesmo a amigos meus, e que outros, como noutra ocasión, tal vez me aplaudirán en privado. Mais as miñas preguntas, se esta situación de pasividade e incerta dignidade se confirma, continuarán cravadas como unha espiña que ninguén quixo extraer, algo incómodo que periodicamente nos increpará en voz baixa frases como estas: “Por que calamos os escritores?”, ou “Con esta atitude, que futuro nos espera?”.

{Praza Pública}

Nota: No cartaz oficial acima pode observar-se alguma gralha.

Share