Visita á Escola Mestre Mateo

Visita á Escola Mestre Mateo: Poucos lugares hai tan cheos de poesía como unha escola de artes. Eu, que estudei unha carreira de letras a causa do meu interese pola creación literaria, sei moi ben canto estudo non creativo, de pura memorización erudita, filolóxica e histórica, tiven que tolerar para formarme minimamente na análise literaria, aquilo que realmente me axudaba a entender a poiesis, é dicir, a creación. […]

Share

A Escola española como campo de exterminio cultural

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/46z5zu8OnSs” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Resulta terrorífico confirmar como nas escolas galegas a ideoloxía inoculada aos alumnos asociaba lingua galega, traballo rural e profesións de iletrados. Galego como sinónimo de miseria, ou como estigma dos parias, para sermos claros.

O castelán, pola contra, significaba cultura, ámbito espiritual, futuro laboral e, en definitivo, prestixio social e ben estar económico. Ora ben, destes nenos os que puideron estudaron e pasaron a traballar na cidade ou en diversos ámbitos das administracións públicas e privadas. Este progreso a respecto da súas familias evidentemente produciu que educasen os seus fillos en castelán, precisamente os que hoxe temos na escola.

Non hai, pois, desprezo do galego, senón unha praxe que lles gravou a lume que os falares da súa familia eran un obstáculo para se desenvolveren. E todos os pais desexan prover os seus fillos dos mellores recursos.

Vía Galicia Confidencial.

Share