‘nós escoitando o badalo de marienplatz’, de Eli Ríos

Na Praza de María, unha praza incógnita dedicada a unha señora que ben podería pasear calquera rúa do mundo con zapatos apresados e brillantes, soa un badalo que só nós escoitamos desde a casa. Nós, é dicir, o eu deste poemario e os seus mundos interiores, desde a súa propia atalaia a esculcar un terreo ermo, agreste, reflexo irónico dun baleiro psíquico (hai baleiros da alma / escondidos / nas pregas escuras / das nubes) que se alimenta do estatismo dunha vida fundamentalmente caseira. Unha sorte de furado negro que se engole a si mesmo, ou unha eterna ouróboros que, reconcentrada en si mesma, impide a conquista do espazo exterior así como o éxito que a exploración comporta.
O rexeitamento da vida no exterior, por veces tan intenso como se da vida nun planeta lonxincuo se tratase, é en primeiro lugar apoiada pola importancia da vida doméstica. Así, calquera elemento do cotián é resaltado cunha importancia de nivel existencial: a cama, a almofada, o cobertor, a barbeadora, o pixama, a persiana, a xanela, o ferro de pasar, os pantalóns, o cuarto, en definitiva lugares de reflexión e ferramentas que participan da enerxía que lles outorgamos á hora de cada noso acontecemento vital. Si, cada xesto como unha escena da existencia que a poeta describe fotograficamente nos seus trazos esenciais, sen demasiado detalle nin enfoque preciso, porque o que pretende representar é, mediante unha serie de fotogramas domésticos, a abismal profundidade da existencia. Desde a tona da vida, os abismos emocionais que bulen irrefreábeis.
Read More

Share

‘Máis vidas’, de Xosé Vázquez Pintor

Desde a Terra do Medio ou desde a Costa Oeste un Pintor de palabras dispara escándalos sobre unha vulgaridade que foxe espavorida. Ninguén lamentará a perda. A partir de aí érguense na mañá do discurso de Máis vidas os espíritos prerromanos dos nosos antergos, e con eles a vida natural que nos acompañará desde que non abandonemos a lingua ancestral, pois ela está ligada á posibilidade de comprender as esencias do que fomos e de visualizar as hipóteses do que debemos ser.

Este libro convoca os espíritos e desenterra un paganismo universal, por iso utiliza unha lingua literaria que imita a densidade comunicativa da medula espiñal. Mais esta forma de escribir que por veces lembra Lautréamont exixe unha abertura sentimental e nos revela un vangardismo renovado, apoiado na percepción do mito que se transparenta na vida cotiá.

«Aghatuño o peito magnífico da árbore da tribo de Carmoega, armado como estou de caravuñas, anseo, canso, recupero, afinco, amo a cortiza que me axuda, rebento, racho as maus; unha hora así subindo. Na galla do medio está a casa do esquío, as tullas cheas de restos prehistóricos. Vou e deito. Durmo e soño. Alguén mama dos meus dedos sen unllas: anima o sangue e corazón bombea un re bemol de bombardino. Para e morre. Vou na nube irta dos refachos cabo de lonxe, amo dos lóstregos, guerreiro de Esparta cos cantís do Vinco. Tremen os corvos. Axota un cervo que achicaba as fontes de mañá noviña cando amaba. No centro do herbal, aspado, en cristo morto, hai un home meu que vai consigo.» (Espiral Maior, 2009, p. 61)

Eu visitei a Casa de Quian, na Terra do Medio, e fun honrado coa amizade de quen sorbe a Terra e as súas xentes nun caldo insólito, orixinal e transcendente a un tempo. Tiven tamén a oportunidade de gravar un vídeo para a AELG en que o autor debulla a súa vida literaria, inseparábel dunha paixón incombustíbel que o ten convertido nun volcán de sentimentos e inspiración. Porén, algúns segredos como o da beberaxe da foto non deberán ser revelados.

Share

Metal central na Feira do libro da Coruña

portada-metal-central-copiaDía 3. Luns
18.00 A feira dos nenos. Contacontos musical: Historias da fraga encantada, con Fátima e Servando Barreiro.
19.00 Presentación do libro O trasmundo de Antioquia, de Rafael Laso, publicado por Edicións Do Cumio. Xunto co autor, participará no acto o representante da editorial Cándido Meixide.
19.30 A escritora Elisa Vázquez de Gey asinará exemplares do seu libro La princesa de Kapurthala, puiblicado pola Editorial Planeta.
19.30 Os escritores Xulio Valcárcel (Lúa de xemas frías. Antoloxía de poesía mapuche), Alfredo Ferreiro (Metal central) e Luís G. Soto (O espíritu da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios), asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Edicións Espiral Maior.
20.00 Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.
21.00 O escritor Xavier Alcalá, presenta o seu libro Habana flash, publicado pola Editorial Nowtilus. Acompañarán ao autor os prologuistas das edicións en castelán e galego do libro, Marcelino Fernández Mayo e Francisco Fernández Naval.

Share

Altamente recomendadas

invitacion-lecturas-de-poesia-en-caixanovaSon catro poetisas (con toda a honra o digo, pois non serei eu quen lles tirar o sexo) que encarnan a poesía máis recente con sólidos argumentos. Berta Dávila, poeta e narradora loureada como poucas. Susana Sánchez, escritora com uma língua literária extremamente poderosa, povoada de imagens apanhadas no abismo, versos de aço, brilhantes, polidos e firmes. Diana Varela co pragmatismo da deusa cazadora perscruta na floresta da vida as pegadas do esencial, capta o seu recendo, asinala as pegadas emotivas, ouve o frémito dos corazóns que procuran un lugar para a paz, aquela en que só o poema describe o mundo. Dores Tembrás destaca na precisa descrición sentimental, ao punto de distinguir as pequenas partículas de emoción que os ollares comúns non observan, porque sendo tan finas soben como o fume e se desagregan e sementan polo mundo, diminutas calcinacións daquilo que só consumíndose perdura.

Share