Xosé Manuel Eyré: “Sobre os ‘Versos fatídicos'”

Xosé Manuel Eyré«Este día chuviñento comeceino lendo nos Versos fatídicos de Alfredo Ferreiro. Ao poemario, o título acaélle perfectamente. O poemario esa procura, todo libro é procura, todo poemario é procura. Neste caso, a procura é unha necesidade, unha necesidade de verdades universais. Necesidade de verdades universais que fagan contrapeso desoutra e única verdade incesante: a morte. Dise a que a morte é símbolo de cambio. E será. Porén o único certo, o único certo onte, hoxe e mañá, é que a morte é un final. Un remate que nos acompaña desde o mesmo instante en que abrimos os ollos neste val de lágrimas. Velaí, entón, que incluso máis que a ineludibilidade da morte, a voz poética séntese recontraída pola familiaridade dese presentimento definitivo. E pouco abondan as glorias efímeras ou momentos de felicidade, eses instantes de falso relax. Moi pouco, si, mais sería absolutamente necio refugar as alegrías.

Que obxecto ten un novo poemario, un novo poemario a tratar asunto tan vello?

Quizá, que eludilo sería unha irresponsabilidade atroz.

Pénsao, lector.

Mentres, direiche que os pomeas de Alfredo Ferreiro exprésanse nunha solidariedade grande nítida. Pídense uns a outros. E non se repiten, se pensaras que cun único poema chegaba. En por si, cada poema é unha realidade verbal única, mais é lendo en contexto léxico cando de verdade ofrecen toda a contundencia, toda a sabiduría, toda a verdade procurada. Procurada sen aforrar esoforzo? Procurada sen aforrar método, o esforzo non é tan urxente toda vez que ela mesma se esixe a cada momento.» {Vía ferradura en tránsito}

Share

Xosé Manuel Eyré: ‘porque ese interese en que os mestres descoñezan a LIX galega?’

Xosé Manuel Eyré, sobre as II Xornadas da Crítica: «[…] Na miña intervención repito, e sen que houbera ningún tipo de acordo previo, que elaborei a partir das reflexións que me foi suscitando a incorporación da LIX [literatura infanto-xuvenil] ao discurso crítico, no memso espazo e da mesma extensión que a crítica par adultos, denunciei tamén a pasividade da Adminstración galega na promoción da LIX galega; e con ela da crítica de LIX. Non se pode pregonear por aí que vivimos nunha sociedade moderna, actual, mentres os cidadáns son privados da formación necesaria para poderen realizar as súas propias escollas en materia de lectura. Esa denegación de prestación, tratándose dos cidadáns de mañá, equivale a condenalos a que sigan nas mesmas condicións de hai 75 anos. Antóllaseme? excesivamente triste. E camiña parela á promoción da lectura, son inseparábeis. Promoción da lectura…O que Vázquez Abad o Incompetente ou o Bob Varillas entenden por lectura…seguramente é a concepción reinante aló polo século XII, XII ou antes…Como dixen na miña intervención, so críticos facemos o noso traballo, mellor ou peor, un traballo imprescindíbel par ao bon funcionamento da sociedade, dunha sociedade moderna. E facémolo sacrificando tempo, saúde e outras cousas, que non reciben unha remuneración ou recompensa acorde. Facémolo. A xornada de onte foi outra prova. Os medios en que publicamos parecen entender ou intuír a importancia deste labor…aínda que sexa para aproveitalo de coartada e sen que iso mellore as condicións en que traballamos os críticos. […]»

Vía Ferradura en tránsito.

Share