ACadaCanto, novo disco de Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xose Lois Romero

Acaba de chegarnos quentiño, ou fresquiño, o novo CD de este grupo de músicos que tanto queremos e que tantas alegrías nos dan. E ademais temos a satisfacción de que decidiron incluír unha versión de La misteriosa, de Santiago Auserón, que adaptamos para galego con motivo da primeira edición de ACoruñaSon, aló polo ano 2008. Moita sorte, amigos; e moita música ACadaCanto!

Share

A misteriosa, de Juan Perro, interpretada por Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/wnGjxBuVCQ8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A nosa prezada Teresa tráenos de Youtube esta fermosa interpretación de Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz da canción de Santiago Auserón La misteriosa, inspirada nos mariñeiros galegos despois dunha súa actuación en Ribeira. Se o ter contactado co noso cantante máis admirado desde a xuventude fora posíbel a consecuencia do proxecto A Coruña Son, creado por nós e asumido pola Concellaría de Cultura da Coruña desde 2008, contar logo coa oportunidade de escribir unha versión galega da letra da súa canción supuxo soño inimaxinábel, podedes acreditar.
Que hoxe aquela versión sexa interpretada polas mellores voces do país é xa unha honra multiplicada.

Share

Hoxe recitamos no Rosalía de Castro na Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital poético co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

 

Share